Saltar navegación.
Inicio

Tecnoloxía

INFORMACIÓN DO DEPARTAMENTO

 PROFESORADO:

- Rey Pérez, Pilar María - XEFA DEPARTAMENTO

- García Quevedo, Diego.

 

 

ANDAINA "LAGARES DE OIMBRA"

O alumnado e profesorado do IES participou nunha andaina  o pasado venres 25 de Outubro. Con este tipo de actividades, o IES busca aunar novas técnicas didácticas cun estreitamento dos lazos dentro da comunidade educativa, asi como  unha valorización da contorna.

Día internacional contra a violencia de xénero

Con motivo da celebración do día internacional contra a violencia de xénero os alumnos da asignatura de TICs realizaron unha actividade conmemorativa pegando carteis recordando ás 44 vítimas mortais que este año 2017 levamos ás nosas costas.

Clausura do XVI Congreso de Fabricación Mecánica "Enfamec" no IES García Barbón

Pechouse o XVI Congreso de Fabricación Mecánica "Enfamec" que tivo lugar o venres 10 e sábado 11 no IES García Barbón. Foi un éxito e todo un acontecemento. Para mostra, así o recolle a web do Concello de Verín: "Durante os días 10 e 11 de xuño, 70 profesores de fabricación mecánica de toda Galicia participaron no XVI Congreso de ENFAMEC que se celebrou, por primeira vez, no IES García Barbón de Verín coa finalidade de crear un lugar de encontro entre docentes do sector e as institucións no que intercambiar experiencias, e ampliar coñecementos desta especialidade formativa." Se queres ler o resto do artigo, preme na ligazón seguinte:

XVI Congreso de Fabricación Mecánica "Enfamec" na web do Concello de Verín 

  

O congreso de Fabricación Mecánica que se celebra no IES García Barbón, no xornal "La Región"

(Preme na imaxe para ir a nove na web)

O xornal La región de Ourense informa de que "O IES García Barbón acollerá un Congreso de Fabricación Mecánica os días 10 e 11 de xuño de 2016". Se premes na imaxe poderás velo na páxina web deste xornal.

Distribuir contido