Debuxo
INFORMACIÓN DO DEPARTAMENTO
Enviado por admin o Mar, 21/10/2014 - 13:42PROFESORADO:
Eusebio Rivero Veiga (Sustituta - Iria Beltrán Gonzalo)
Papiroflexia no IES García Barbón
Enviado por admin o Ven, 21/12/2018 - 12:04O alumno de FPB-Auto 1 Aarón Infiesta Rodríguez impartiu un pequeno taller de papiroflexia ao alumnado de Debuxo Artístico I de Bacharelato coa dirección do Profesor José Carlos Mato Bugallo.
no enlace seguinte teredes acceso a máis fotos da actividade.
Clases de Debuxo Artístico - IES García Barbón
Enviado por admin o Mar, 30/10/2018 - 14:58VI Congreso Internacional de Ebru
Enviado por admin o Mar, 31/05/2016 - 16:27Carlos Matos, profesor de debuxo no IES García Barbón de Verín, foi invitado a participar no VI Congreso Internacionalde Ebru que tivo lugar en Estambul entre os días 9 e 13 de maio. Nesta presentación da conta da súa experiencia. O ebru é una antiga técnica centroasiática de pintura flotante sobre auga, que despois é transferida a soporte de papel.
O arte do dragón, segundo os alumnnos de Debuxo
Enviado por admin o Dom, 29/05/2016 - 11:31Carlos Matos, profesor de Debuxo, e o seu alumnado de Debuxo -onde estudan tanto técnico como artístico- pintan un dragón nun dos muros do IES García Barbón,en concreto o muro que separa as piscinas do instituto e que dá ao aparcadoiro . Están a dedicar bastantes tardes á devandita actividade, desde aquí agradecerlles o traballo para dar un toque alegre para a vista.. Moi bo traballo!
XVI Congreso Internacional de Ebru
Enviado por admin o Mar, 03/05/2016 - 00:01Carlos Matos, profesor de debuxo no IES García Barbón de Verín, foi invitado a participar no XVI Congreso Internacional de Ebru que terá lugar en Estambul entre os días 9 e 13 de maio. O ebru é una antiga técnica centroasiática de pintura flotante sobre auga, que despois é transferida a soporte de papel.
Carlos Matos aprendeu esta técnica co mestre turco Hikmet Barutçugil e as súas obras, xunto coas dun reducido número de artistas internacionais, participará na exposición paralela ao congreso que se celebrará nos antigos pazos otomanos de Esma Sultan e de Dolmabahçe, na beira europea do Bósforo.
