Saltar navegación.
Inicio

Charlas

Concerto de Cinta Adhesiva para pechar o curso dos Clubes de Lectura do IES García Barbón

O pasado luns día 12 tivemos a clausura dos Clubes de Lectura ,no salón de actos do centro,co concerto de Cinta Adhesiva: Silvia Penas e Jesús Andrés trouxéronnnos  poesía, música e imaxes para espertar os sentidos.

Charla de Diego Ameixeiras

Organizado pola Biblioteca e os Clubes de Lectura, o pasado día 28 de abril tivo lugar unha charla de Diego Ameixeira. Este escritor falou das súas vivencias, da súa obra e de moitas máis cousas con alumnos de  da FP Básica de Servizos Adiministrativos e do Grao Medio de Mantemento de Vehículos, de de Bacharelato B e de TCAE. Un bo preludio do vindeiro Día das Letras Galegas!

Charla “Comezar a andaina laboral… e non desfalecer no intento” para ciclos de Formación Profesional, no IES García Barbón

 O día 24 de marzo tivo lugar a charla de orientación laboral "Comenzar a andaina laboral... e non desfalecer no intento" por parte da orientadora Lorena Álvarez Martínez, do Servizo de Orientación da Mancomunidade de Verín. Nela fíxose patente a necesidade da formación continua, e de valores coma a inclusión ou a diversidade.

Máis información: PREMER O ENLACE

O Clube de Lectura con Antón Riveiro Coello

O pasado venres 10 de Marzo o Clube de Lectura de Bac e Ciclos do IES García Barbón, asistiu a unha tertulia co autor de "A ferida do vento", Antón Riveiro Coello, no Museo da Limia en Xinzo. Conversamos sobre a súa última novela, sobre a figura de Carlos Casares, o homenaxeado este ano nas Letras Galegas, e descubrimos os trucos que a ficción pode ter...Únete ó Clube e saberalos ti tamén!

Día do Cigarrón no Barbón

O mércores 22 visitounos Álvaro Ferreira e deunos unha charla moi interesante sobre o mundo do Cigarrón.Foi vestindo a dous Cigarróns alumnos do centro e describíndonos as partes do traxe.  Moitas grazas a Álvaro Ferreira, a Nelson, a Álvaro e Alejandro.

 

A prevención de "Drogas e alcol", charla da Garda Civil no Barbón

Interesante e moi útil charla informativa sobre "Drogas e alcol" impartida por Juan Manuel, garda civil especializado neste temas. Moitas grazas pola túa colaboración.

Clausura do XVI Congreso de Fabricación Mecánica "Enfamec" no IES García Barbón

Pechouse o XVI Congreso de Fabricación Mecánica "Enfamec" que tivo lugar o venres 10 e sábado 11 no IES García Barbón. Foi un éxito e todo un acontecemento. Para mostra, así o recolle a web do Concello de Verín: "Durante os días 10 e 11 de xuño, 70 profesores de fabricación mecánica de toda Galicia participaron no XVI Congreso de ENFAMEC que se celebrou, por primeira vez, no IES García Barbón de Verín coa finalidade de crear un lugar de encontro entre docentes do sector e as institucións no que intercambiar experiencias, e ampliar coñecementos desta especialidade formativa." Se queres ler o resto do artigo, preme na ligazón seguinte:

XVI Congreso de Fabricación Mecánica "Enfamec" na web do Concello de Verín 

  

Razóns para estudar o Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría

Isto é un resumo da intervención de Pilar Pérez Meneses, na que dá as súas impresións sobre este ciclo e xustifica a súa elección. Uns bos consellos para alumnos que estean a sopesar o Ciclo Formativo de Grao Medio de Coidados Auxiliares de Enfermería (TCAE) como os seus futuros estudos.

 

Valoración do stand na Feira de San Lázaro e da xornadas de portas abertas

O pasado fin de semana, coincidindo coas festas do Lázaro, o IES García Barbón contou cun stand na feira e realizou unhas xornadas de portas abertas para dar a coñecer a súa actividade e oferta formativa.

Considéranse un éxito, especialmente o stand (que era a primeira vez que se realizaba). Moitas grazas a todas as persoas que se pararon por este, ás que preguntaron e ás que nos felicitaron pola iniciativa. Grazas tamén a Julia Morales polo seu traballo intenso na organización desta Feira do Lázaro. Igualmente, moitas gracias a xente que pasou polo instituto co fin de coñecernos. E, como non, grazas a todas as persoas que o fixeron posible (profesores, alumnos,...).

Distribuir contido