Saltar navegación.
Inicio

Becas do Ministerio de Educación curso 2021/2022

No día de hoxe 3 de agosto ata o 30 de setembro de 2021, abrese o periodo para solicitude de becas para FP, Bacharelato e outros estudos non universitarios, do Ministerior de Educación e Formación Profesional. 

Para solicitar beca debes cursar no curso 2021/2022, algún dos seguinte estudos: 

  • Bacharelato
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grado medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional de grado medio e de grado superior
  • Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluida a modalidad a distancia
  • Ensinanzas deportivas
  • Estudos religiosos superiores
  • Formación Profesional de Grado Básico 

Para solicitala é necesario facelo dentro da sede electrónica do Ministerior de Educación e Formación Profesional, podes atopar toda a información en: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html