Saltar navegación.
Inicio

Orientación

Becas para cursar estudos non universitarios 2018/2019

Becas para estudar 2018/2019

CONVOCATORIA DE BECAS PARA ESTUDAR

Estudantes que poden solicitar beca no IES García Barbón.

 

-       1º e 2º  de Bacharelato, Ciclos Formativos de grao medio e superior, Formación Profesional Básica e Escola Oficial de Idiomas.

 

O prazo para realizar a solicitude –mediante formulario online- remata o día 1 de outubro de 2018.

 

Haberá que cumprir requisitos económicos e académicos específicos.

 

Axuda videográfica para cumprimentar a solicitude

 

Teléfonos de información

Preguntas frecuentes

O Departamento de Orientación do IES García Barbón facilitará o

seu alumnado o asesoramento necesario.

Programa Orienta 2017-2018 para os estudantes do IES García Barbón

A nova versión actualizada do Programa Orienta 2017-2018 xa esta á disposición dos estudantes do IES García Barbón.

Temos a posibilidade de utilizar unha versión en liña -que se chama Orientaline- e que proporciona unha boa parte da información e dos recursos do programa orixinal.

O recurso está aquí: http://orientaline.es/?yafxb=41564

Tamén se pode descargar a versión completa do Programa Orienta 2017/2018. Para iso tedes que premer na ligazón que se facilita:

                                                                              

O programa presenta unha información moi completa e detallada dos diferentes títulos de Formación Profesional, dos graos universitarios, dobres graos e estudos de máster. Tamén ofrece datos sobre notas de corte, saídas profesionais e mercado laboral.

Complementariamente, dispoñemos de distintos cuestionarios que nos axudan na toma de decisións de futuro  –cuestionarios para estudantes de 4º de ESO, alumnado de Bacharelato e cuestionario de profesións-.

Presenta os múltiples itinerarios académicos a partir de 4º de ESO e facilita información sobre as ensinanzas especiais –artísticas, musicais, danza e arte dramática-. Tamén podemos atopar datos sobre outros estudos (ensinanzas deportivas, policia, idiomas, etc).

Distribuir contido