Saltar navegación.
Inicio

Centro Residencial Docente de Ourense

CRD de Ourense. Próxima apertura prazo de solicitude de praza 2022-23
 
Centro Residencial Docente de Ourense (CRD de Ourense), dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade  ten como destinatario ao alumnado de ensino non universitario postobrigatorio, que non dispoña na súa localidade de residencia de centros educativos para continuar determinadas ensinanzas (Bacharelato, Ciclos Formativos de Formación Profesional, Ensinanzas Artísticas...) e se matricule en Ourense para continuar os seus estudio.

Os estudantes teñen a posibilidade de pedir praza nesta residencia non universitaria onde ademais de manutención e aloxamento, favorecemos as relacións entre alumnos/as de distinta idade e procedencia, así como a adquisición e/ou o reforzo de valores esenciais para a convivencia. Poden consultar a nosa páxina Web: https://crdourense.com/


O centro dispón de diferentes servizos (Biblioteca Escolar, aula de informática, ximnasio, comedor, salas de uso múltiple, sala de Tv, cineforum, actividades complementarias…). O acceso as prazas do centro é mediante convocatoria publicada no DOGA ( soe saír no mes de xuño)  a través dunha orde que fixa os requisitos persoais, económicos e académicos  (se a renda familiar é igual ou inferior ao limiar 2, o/a beneficiario/a terá praza gratuíta). Na páxina Web no apartado SECRETARÍA e dentro deste no caixón PRAZAS RESIDENCIA pódese atopar a información das convocatorias anteriores e os requisitos.