Encontros virtuais da Universidade de Santiago
Enviado por dveiga o Mér, 06/04/2022 - 12:23
Libros de orientación na biblioteca proporcionados polo departamento de Orientación
Enviado por Biblioteca o Lun, 04/04/2022 - 13:57Na biblioteca tedes á vosa disposición novos libros sobre técnicas de estudo, globalización, autoestima, felicidade, trastornos da alimentación e unidades didácticas moi interesantes.
Moitas grazas ao Departamento de Orientación do centro por proporcionar todo este material!!!
Botádelle unha ollada!!!
ACTIVIDADES MES DE ABRIL CON MOTIVO DO DÍA DO LIBRO
Enviado por Biblioteca o Xov, 31/03/2022 - 13:36O mes de abril xa está aquí!!
Desde o EDLG e a Biblioteca do IES García Barbón queremos propoñervos varias actividades relacionadas cos libros que podedes facer durante este mes. Animádevos e participade!!!
Adianto do prazo para solicitar becas no vindeiro curso 2022-2023
Enviado por dveiga o Mér, 16/03/2022 - 11:16O novo prazo de solicitude de becas é do 30 de marzo ao 12 de maio de 2022 (solicitude vía internet)
A alta na sede electrónica do Ministerio de Educación é un paso previo e imprescindible para poder cumprimentar a túa solicitude.
Web de becas do Ministerio de Educación.
A REVISTA MEIGALLO XA CHEGOU!!!
Enviado por Biblioteca o Ven, 11/03/2022 - 12:54Depois da presentación virtual da revista, xa temos na biblioteca tres exemplares impresos. Non dubidedes en consultalos e propoñer opcións e ideas para colaborar no próximo número!!!
Queremos que a revista siga durante moito tempo e para iso precisamos a vosa axuda!!!
Solicitude de admisión nos estudos de Bacharelato
Enviado por Web o Xov, 10/03/2022 - 10:19Solicitude de admisión nos estudos de Bacharelato.
Prazo aberto: do 1 de marzo ao 21 de marzo
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesgarciabarbon/node/846
Avaliación da satisfacción dos estudantes de Formación Profesional
Enviado por dveiga o Mér, 09/03/2022 - 12:21Exposición Mestras
Enviado por admin o Mér, 09/03/2022 - 12:05A profesora Alba Gómez e o seu alumnado de Historia da Arte converten o IES García Barbón de Verín nun pequeno museo a través da exposición “Mestras” coa finalidade de reivindicar o espazo das mulleres na Historia da Arte, un espazo do que foron borradas e expulsadas prácticamente ata a actualidade. Pensemos que o libro que segue a ser o máis vendido sobre a materia, o famoso manual de Gombrich, apenas inclúe o nome dalgunha artista ou nos propios contidos do exame ABAU, onde por primeira vez este ano aparecen 7 artistas que naufragan entre os nomes dunha morea de homes. Co pensamento de transitar un novo camiño, que debe partir tamén da escola, o alumnado elaborou con agarimo, curiosidade e asombro as audioguías das obras aquí seleccionadas, cunha perspectiva crítica, xa que non pode ser doutro xeito.
Mostras da exposición:
Judit decapitando a Holofernes (Artemisia Gentilleschi)
Narración de Tatiana Barja Rivero
A idade madura (Camille Claudel)
Narración Cristina Rivero Martínez, Lucas Pardo Pardo, Tatiana Barja Rivero
A Verbena (Maruxa Mallo)
Narración Lucas Pardo Pardo
Untitled Film Stills (Cindy Sherman)
Narración Cristina Rivero Martínez
Avaliación da satisfacción dos estudantes de Bacharelato
Enviado por dveiga o Mar, 08/03/2022 - 12:06- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
