Saltar navegación.
Inicio

Prazos de admisión na Formación Profesional e oferta formativa 2024-2025

 

Admisión a formación profesional 2024-2025

              Oferta ordinaria e oferta modular

Presentación de solicitudes: 24 de xuño ás 9:00 horas ao 4 de xullo ás 13:00 horas

 

                  Dual intensiva

Presentación de solicitudes: 24 de xuño ás 9:00 horas ao 4 de xullo ás 13:00 horas

 

     Formación Profesional Básica 

Presentación de solicitudes: 24 de xuño ás 9:00 horas ao 4 de xullo ás 13:00 horas

 

Instrucións xerais do proceso de admisión

Calendario do proceso de admisión

 

 

 Oferta de estudos de Formación Profesional  en Galicia 2024-2025

 



Oferta formativa IES García Barbón 2024-2025

 

Matrícula de alumnado de Bacharelato e 2º curso de ciclos

O período de matrícula para o Bacharelato é do 24 de xuño ao 8 de xullo.

O período de matrícula para alumnado de 2º Ciclo Básico, 2º Ciclo Medio e 2º Ciclo Superior é do 24 de xuño ao 4 de xullo ás 13 horas. O alumnado dos 2º ciclos de Dual Intensiva a matrícula será en setembro.

O alumando que se incorpora a facer un ciclo en 1º ou repite é necesario que faga a solicitude en Ciclos admisión.

Para a matrícula é necesario recoller o sobre no centro e traer a seguinte documentación:

  • Fotografía tamaño carnet
  • Fotocopia do DNI, fotocopia dos DNI da nai e do pai se a alumna ou alumno é menor de idade.
  • Comprobante de pago do Seguro Escolar para menores de 28 anos. Necesario ingresar ou facer transferencia na seguinte conta:
    • Titular conta/beneficiario: IES García Barbón
    • Entidade financieira: Sabadell
    • Nº de conta: ES23 0081 2224 9800 0109 9619
    • Cantidade a ingresar: 1,12€
    • Concepto: Nome completo da/o alumna/o e estudos que cursa.

 

Probas libres ciclos IES García Barbón

Ante a convocatoria de probas libres para a obtención de títulos FP (LOE-LOXSE) 2023-2024. Publicase as programacións (como documento adxunto), dos seguintes ciclos:

  • CM Electromecánica de Vehículos
  • CS Hixiene Bucodental

 

Tamén se publica o calendario das probas:

  • Horario das probas libres

Novo convenio especial da Seguridade Social para antigos bolseiros

 Novo convenio especial da Seguridade Social para antigos bolseiros

Os antigos bolseiros xa poden recuperar ata cinco anos cotizados para as súas pensións. A medida beneficia a antigos alumnos/as: universitarios, de Formación Profesional, de Ensinanzas Artísticas Superiores, de Ensinanzas Artísticas Profesionais e de Ensinanzas Deportivas.
 

 

Información na Revista da Seguridade Social

Novas recentes relacionadas: 

 

El Gobierno rectifica y mejorará las condiciones para cotizar de los antiguos becarios

 
 
 

Charla sobre toponimia de Verín

No venres 24 de maio dentro das actividades relacionados co mes das Letras Galrgas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organiza a charla: Charla sobre a toponimia de Verín impartida por Vicente Feijoo Ares (Real Academia Galega).

Programa Letras Galegas 2024 no IES García Barbón

Letras Galegas 2024

Consulta de programacións Bacharelato

As programacións de todas as materias de Bacharelato pódense consultar a través da seguinte url: https://www.edu.xunta.gal/proens/AccesoPublicoListaxe.action

Marcando o códigodos IES García-Barbón: 32013582

Curso Capacitación Dixital no IES García Barbón

No IES García Barbón continúase coa impartición, gratuita, dos cursos sobre Competencias dixitais básicas, destinado a persoas sen formación dixital previa, e que non estén a cursar ensinanzas regradas neste curso académico 23/24. O obxectivo é formar ós participantes en aspectos básicos da vida cotiá como poden ser enviar un correo electrónico, pedir unha cita na páxina do Sergas, ler un xornal dixital...

O curso terá unha duración de 30 horas lectivas, que se levarán a cabo nas datas comprendidas entre o 13 e o 27 de maio, ambos incluídos, en sesións diarias de 16:00-19:00 horas, nas instalacións do centro.
Todas as persoas interesadas en realizar dita formación deberán pasar polo centro a cubrir o formulario de matrícula.

Para máis información presencialmente no centro en horario de 9:00-14:00, ou ben no teléfono 988685085.

Distribuir contido