Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

AVISO

 

 

 

 

 

 

 
         
                 
 

 

 

 

 

 

 
 
         

>> GUÍAS DE ORIENTACIÓN (despregable)

 Presentacións para o curso 2023-2024

                                                                                                              

                                                                                                         

                                                                                                          

 

 Vídeos do curso 2020-2021

 

Blogues

Fase final do II Concurso Incubadora de Sondaxes en Valladolid

Os días 4 e 5 de xullo desprazouse a Valladolid a expedición do IES Mugados formada polos alumnos de 3º ESO  Blanca Frenández, Verónica González, Pablo Pérez, Sergio Vila e a titora do traballo gañador en Galicia do II Concurso Incubadora de Sondaxes na categoría de ESO, Covadonga Rodríguez-Moldes.

Tratábase de expoñer o traballo: "Un dilema para o consumidor: Cal é o mellor tamaño para mercar ameixas?" que  con outros cinco traballos doutras comunidades optarían ao premio que outorgaba a Sociedade Española de Estatística. A exposición de Blanca e Verónica foi moi boa e o traballo foi extraordinariamente recibido por todos os asistentes. Todo parecía indicar que podería ser o traballo gañador na categoría de ESO. Pero non foi así. O premio otorgouse ao equipo catalán polo traballo "Salida a la luz". 

En bacharelato, o traballo gañador foi o que presentraballo polo equipo de IES Fernando Wirtz de A Coruña liderado polo profesor Enrique Pujales. O excelente traballo titulábase "Existe o cine de autor?".

A expedición do IES Mugardos mostrouse algo decepcionada polo fallo do xurado pero moi feliz pola experiencia vivida.

Estas son tres imaxes,
na primeira Blanca e
Verónica expoñen o
traballo, na segunda
o grupo camiña ao
lado da catedral de
Valladolid e na terceira
os dous equipos
galegos diante
da Facultade de
Ciencias de Valladolid.

 

 

"El deshollinador"

AS NOSAS PALABRAS COBRAN VIDA

Os alumnos de 1º ESO, vestidos de palabra, baixaron á vila de Mugardos a recompilar novas compañeiras a cambio de flores e pegatinas. Asemade repartiron no comercio mugardés un tríptico realizado pola Coordinadora dos Equipos de Normalización Lingüística co obxectivo de fomentar o uso do galego neste sector.

Grazas a todos os mugardeses que colaborastes na actividade agasallando a cada cativo con unha ou varias palabras.

Equipo de Dinamización Lingüística e Biblioteca.


1º. Premio e mención "Incubadora de Sondaxes"

II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) vén de comunicar a resolución do II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos na que o traballo dos alumnos de 3º ESO acadou o primeiro premio e o de 2º ESO unha mención especial do xurado.  O acto de entrega de premios está previsto para o 21 de xuño, ás 12:00 horas, na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela. Adamais, o equipo de 3º ESO foi seleccionado para representar á Comunidade Galega na Fase Nacional que se desenvolverá en Valladolid. 

Desexamos manifestar o noso máis afervoado recoñecemento a todos os grupos participantes e ao departamento de Matemáticas polo seu esforzo e dedicación. Parabéns!!!

1º PREMIO
- Título: : Un dilema para o consumidor: cal é o mellor tamaño para mercar ameixas?
Centro: IES de Mugardos (A Coruña).
Titora: Covadonga Rodríguez-Moldes Rey.
Alumnos: Blanca Fernández Rodríguez, Verónica González Regueiro, Pablo Pérez Rey e Sergio Vila Plana. 

 MENCIÓN ESPECIAL

 - Título: A decadencia dun mito estético: “o rectángulo da moda fala galego”
Centro: IES de Mugardos (A Coruña).
Titora: Covadonga Rodríguez-Moldes Rey.
Alumnos: Rubén González Rodríguez, Joao Pedro Moreira Dos Santos, Mercedes Pereira Rodríguez e Sara Vázquez Rumbo.

De parte do deporte (Acto cultural)

"A Boca do Lobo" nas Xornadas dos Clubs de Lectura

A Boca do Lobo estivo presente nas V Xornadas dos Clubs de Lectura de Galicia que se celebrou o sábado pasado no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. Puideron asistir a obradoiros, charlas e conferencias ao redor dos libros e a lectura. Mesmo no momento de descanso, os membros do noso club convertéronse en "persoas libro" e recitaron breves poemas aos asistentes. Foi unha intensa xornada ao redor dos libros e a literatura.

Fotos da organización

Marcha ciclista Concello de Mugardos

O pasado 1 de xuño o alumnado de 1º e 2º ESO participou na tradicional Marcha Ciclista organizada polo Concello de Mugardos para os centros educativos do municipio. O tempo acompañou ao longo de todo o fermoso percorrido pola punta do Segaño ata igrexa de Chanteiro e regreso, cunha distancia total de 16 quilómetros ida e volta.

how to animate a gif

Despedida de Gwen

Presentación de traballos de investigación do Programa de Mellora

Ademais das actividades programadas no PM, tamén se levaron a cabo proxectos de investigación para o  II Concurso Incubadora de Sondaxes que organiza a Sociedade Galega de Estatística (SGAPEIO). O pasado luns  os investigadores presentaron os traballos aos seus compañeiros do PM e o día 21 presentaranos aos demais compañeiros do centro.  Moita sorte no concurso!!

A decadencia dun mito estético. 
"O rectángulo de moda fala galego"
(O Rei Tángulo)

(2º ESO)

Mercedes Pereira Rodríguez
Sara Vázquez Rumbo
Rubén González Rodríguez
Joâo Pedro Moreira Dos Santos

 

Unha investigación sobre nais
e/ou pais fumadores e
rendemento escolar no
IES Mugardos

(2º ESO)

    Raquel Fernández Mesías,
Tania García Varela
Carla Vila Rañales
Marta Pérez Rey

Unha investigación sobre tamaños
na ameixa babosa.
  
Un dilema para o consumidor: 
cal é o mellor tamaño para mercar
ameixas?
(3º ESO)


  Pablo Pérez Rey
Blanca Fernández Rodríguez
Verónica González Regueiro
Sergio Vila Plana

 

Fin das actividades do Programa de Mellora

No mes de maio remataron as actividades do Programa de Mellora. As últimas sesións foron as seguintes:

Bioética a cargo de Ofelia Lubián e Mundo López quen despois dunha exposición teórica realizaron un debate co alumnado.

Alemán (2) dirixida por Olga Recio e Carmen Bernabeu na que o alumnado aprendeu os números os  saúdos e características deste idioma como que todos os sustantivos escríbense con maiúsculas ou que ten declinacións como en latín.

 

Obtención de enerxía que incluia unha visita a Reganosa do alumnado acompañado de familiares.

Para rematar unha sesión de presentación de traballos de investigación.

Promoción 2010-2012


2º. BACHARELATO. Promoción 2010-2012

Entrega dos diplomas e premios do Open Matemático

A semana pasada foron entregados na biblioteca os diplomas e premios do Opén Matemático que nesta edición estivo dedicado aos labirintos. No noso centro, como ben sendo habitual, acadou unha ampla representación pola que nos sentimos satisfeitos e queremos transmitir o agradecemento a todos e cada un dos participantes. En canto ás clasificacións, salientamos o magnífico resultado de Alejandra Díaz (1º BAC) e máis Miguel Pereira (1º ESO). Ata a vindeira edición.


O galego darache de comer

A cafetería promociona o uso do galego.
Fala con Sindo.
Gaña o teu pincho.

Métete no xardín

Participa no concurso de pistas.
Todos os días unha pregunta.

APÚNTATE NA BIBLIOTECA. 

Maio no xardín do instituto
 

 Maio na biblioteca

Campus Científicos de Verán

Para o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato. Se buscas un verán alternativo, se desexas contactar co labor investigador, se queres convivir con estudantes de todo o territorio español nun ambiente universitario, ata o 16 de maio podes solicitar a inscrición nalgún dos Campus Científicos de Verán. Existen ata 1800 prazas para algún dos proxectos deseñados en varias universidades españolas. Os máis cercanos son o Campus Vida da Univ. de Santiago de Compostela e o Campus do Mar da Univ. de Vigo.

Consulta os requisitos académicos e condicións xerais na páxina http://www.campuscientificos.es/ ou directamente na convocatoria oficial do BOE

Punto de recollida de alimentos non perecedeiros

Durante este mes de maio permanecerá instalado no corredor do instituto un punto de recollida de alimentos non perecedeiros para colaborar coa campaña de Cáritas. Todas as doazóns serán destinadas ás familias en emerxencia social do concello de Mugardos.

Agradecemento polo resultado do III Rastro Solidario

O IES de Mugardos quere facer público o seu agradecento a todas as persoas que dun ou doutro xeito colaboraron no III Rastro Solidario.  Ás familias que doaron materiais, ao alumnado que atendeu o comercio, ao profesorado e persoal non docente e, en xeral a todos os veciños de Mugardos que se sumaron á iniciativa coas súas visitas, doazóns, compras e palabras de ánimo, moitas grazas! En especial, agradecemos ao Concello a cesión desinterada do local da Palmeira onde esperamos repetir a experiencia o vindeiro ano. 

Sen a participación de todos non sería posible acadar o éxito que tivo a edición deste ano que supón a súa consolidación na programación do centro grazas ao impulso e boa organización de Leticia. Consideramos plenamente cumpridos os obxectivos educativos e satisfeitos polo resultado económico. Nos catro días que estivo aberto o rastro, triplicouse a cantidade do ano pasado. Recadáronse 1092 euros que xa foron enviados integramente á construción da escola en Oldonyo Sambu (Tanzania). 

gif generatorFotos na Galería

Campioas nacionais de bateis

Foto: Diario de FerrolO equipo xuvenil feminino de Ares que vén de gañar Campionato de España de bateis celebrado esta fin de semana en Moaña. A tripulación, entre a que figuran as alumnas do instituto Nicole Maroño e Sheila Fernández, pechan deste xeito unha excelente tempada chea de éxitos. Parabéns!!!

FOTO: Diario de Ferrol

TRES SESIÓNS DO PROGRAMA DE MELLORA

Estas foron as tres últimas sesións do Programa de Mellora:

Este muerto está muy vivo” a cargo de Rafael Lago, profesor de Latín e Begoña Allegue, profesora de Grego quenes achegaron aos rapaces moitas aventuras dos héroes mitolóxicos da cultura clásica. Os alumnos descubriron con sorpresa a orixe de moitos nomes que están presentes no seu arredor.

 

  "Qué comemos 2” impartida por Edmundo López, profesor de Bioloxía e Ofelia Lubián profesora de Filosofía. Unha sesión no laboratorio de Bioloxía que tiña como obxectivo descubrir aditivos en alimentos.

 

"Lectura expresiva", a sesión ideal a celebrar o día do libro. Mª Amada Pernas, profesora de Lingua Castelá, e Begoña Allegue, profesora de Grego e excelente lectora de textos prepararon unha sesión na que mostraron como coa voz e coa axuda de xestos pode transmitirse toda a expresividade dun texto, on so o contido senón tamén as emocións e intencións.

Visita do reitor da USC

Despedida de Aida

   Grazas, Aida, por todos estes anos de xenerosa dedicación ao ensino. Para toda a comunidade educativa do IES Mugardos foi un inmenso pracer aprender de ti e traballar contigo. Desexamos que a xubilación che traia unha nova xeira de xúbilo en compaña da túa familia.

    

    Saúde e xúbilo, mestra.

   

    Fotos na Galería

In memoriam Alberto Cintio

   Este martes recibimos a triste nova do falecemento de don Alberto Cintio. Grazas á sabedoría e xenerosidade deste sacerdote italiano, matemático e grande experto en astronomía, debemos o reloxio de sol da fachada oriental do noso instituto e, asemade, outros nas igrexas de Mugardos e Ares. 
   Na súa lembraza deixamos aquí as imaxes das varias visitas con que nos honrou. Padre Cintio, requiescat in pace. 

Preme na imaxe para avanzar

O Club do Mar busca nome para a nova traíña

O Club do Mar de Mugardos convoca o seguinte concurso para atopar un nome co que bautizar a nova traíña.


  BASES
  • Buscamos un nome que sexa apropiado ó deporte do remo, ó mar, a Mugardos, a Galiza,......
  • A imaxinación debes poñela ti e facer a túa proposta.
  • Poderá participar calquera persoa, sen límite de idade. Só poderase facer unha proposto por persoa.
  • Prazo e lugar de presentación: Do 19 ó 30 de marzo ambos incluídos; no Club do Mar de Mugardos, ou ben enviando un correo electrónico ó enderezo clubdomarmugardos@hotmail.com nesas datas. É necesario incluír o nome e apelidos do aut@r así como un teléfono de contacto.  ( Os envíos presentados fóra de prazo quedarán automaticamente excluídos do concurso).
  • Premio: Un equipo reprodutor de DVD portátil con pantalla xiratoria.
  • No caso que resulte gañadora unha proposta con varios autores, sortearase o premio entre todos eles.
  • Membros do xurado e fallo dos concursos: O xurado estará composto polo Presidente do Club do Mar, dous Directivos da Sociedade, o adestrador da traíña e un remeiro.
  • O gañador do concurso darase a coñecer publicamente o  31 de marzo e recibirá o seu premio nun evento celebrado posteriormente no que se presentará oficialmente a traíña e a tripulación da mesma.
  • A participación no concurso implica a aceptación das presentes bases.
  • http://www.clubdomarmugardos.com/

     


    Exposición sobre os irmáns Suárez Picallo

    Ata o día 11 de abril, no local de mariores de Mugardos, pode visitarse esta exposición dedicada á figura destacada do galeguismo Ramón Suárez Picallo, deputado nas Cortes da República, impulsor do Estatuto de Autonomía, xornalista e reputado orador xunto co seu irmán Antón,  represaliado e asasinado en 1936. 
    (Máis información; http://www.blogoteca.com/acsuarezpicallo/)

    A rendabilidade do AVE

    Debedes entregar un comentario CRÍTICO E RAZOADO CON CITAS do artigo.

    http://lamilana.wordpress.com/2010/12/24/nuevo-ave-valencia-madrid-hagam...

    Distribuir contido

    Distribuir

    Distribuir contido