Skip to Content

Cafetaría

Procedemento de contratación das cafetarías escolares dos centros públicos para o curso 2018-2019

No DOG do 17 de xuño publicouse o anuncio da apertura do procedemento para a contratación das cafeterías escolares dos centros públicos, repartidas en 4 lotes (un por cada provincia) e 255 sublotes (cada un dos establecementos). O enderezo electrónico do procedemento, dentro da Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, é o seguinte:

https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=366224

Aí poderán atopar toda a documentación: cláusulas administrativas, condicións técnicas e anexos para a licitación. 

O prazo de presentación de ofertas remata o 13 de agosto.

Para as dúbidas relacionadas coa recepción das ofertas e o desenvolvemento das mesas de contratación:

A Coruña: teléfono 981 18 47 45/981 18 47 30; fax 981 18 46 29.

 

  A cafetaría do IES de Mugardos forma parte do lote 1, sublote 62.

Superficie salón: 28,6 m2

Superficie cociña:8,12 m2

Superficie almacén: 6,70 m2

Equipamento do centro: barra, cambota e extractor, vertedeiro, termo de auga, estores, toldos, mesas, cadeiras e vitro pequena.

Horario: De 8:45 a 13:25 de luns a venres e os martes de 16:20 a 18:00 horas.

 No arquivo anexo pode comprobar a descrición de todos os lotes.

 

Cesta da cafetaría

Jesica, responsable da cafetería escolar, entregou un ano máis a cesta da rifa.

Novidades na cafetaría

Os concesionarios da cafetaría escolar, Yésica e Luis, trouxeron este curso novidades na adecuación do local para prestar o mellor servizo á comunidade educativa. Nova decoración das mesas, toldos para a terraza e, como non, moitos bocatas...

 

Contratación do servizo de cafetaría escolar para o curso 2015-2016

Resolución

         

RESOLUCIÓN DA BAREMACIÓN DO PROCEDEMENTO PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETARÍA
 

Documentación:

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS

Do 25 de xuño ao 15 de xullo

Sorteo da cesta de Nadal da cafetaría

Segundo as bases do sorteo, o agraciado coa cesta de Nadal foi o alumno Martín S. de 1.º ESO.

Moitas grazas aos rexentes da cafetaría, Yéssica e Luis, pola excelente xestión do local nestes primeiros meses.

Contratación do servizo de cafetaría para o curso 2014-2015

RESOLUCIÓN DO PROCEDEMENTO PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETARÍA
  Baremación e resolución  

Documentanción:

Resolución do baremo para a licitación do servizo de cafetería

No documento adxunto nesta ligazón figuran os resultados da baremación das propostas para a licitación da cafetería do centro durante o curso 2013-2014.

Tamén existe unha copia no taboleiro de secretaría do instituto.

Entrega dos tapóns solidarios a AS.PA.NE.MI

A presidenta de AS.PA.NE.MI, Montse Fraga, recolleu esta mañá os sacos de tapóns que ao longo do curso fomos recollendo na entrada do instituto. Un grupo de 2.º ESO escoitou as palabras de agradecemento e invitación a continuarmos coa campaña. Tamén asistiu ao acto Sindo, da cafetería do centro, e contamos coa presenza de Lela, a avoa de Alba para quen irán destinados os fondos recadados e a quen enviamos unha aperta solidaria.

Imaxes na Galería

Distribuir contido


by Dr. Radut