Skip to Content

blogue deiseoane

Tarde de cine coa Esmorga

Alumnado de 4.º ESO coa profesora Isabel S. na proxección da versión cinematográfica d'A Esmorga.

Mazás galegas

Algunhas variedades

 - Pero Mingán

 - Príncipe

 - Roxelia

 - De cera

 - Tabardilla

 - Reineta

 - Morena

Equipo de Dinamización Lingüística

CONCURSO DE CABAZAS

 

CONCURSO DE CABAZAS

  1. Podedes participar todos os alumnos de 1º,  2º e 3º ESO.
  2. As cabazas depositaranse o luns 29 de outubro, antes do segundo recreo, no lugar que vos indiquen en conserxería.
  3. Cada cabaza debe ir acompañada dun “título” e xunto a ela un sobre pechado co mesmo título por fóra. Dentro do sobre, un papel co nome de quen a realizou (pode ser entre varios) e o curso.
  4. O luns 29, durante o segundo recreo, membros da Biblioteca e do Equipo de Dinamización Lingüística escollerán os gañadores/as.
  5. Terase en conta a orixinalidade e o traballo de cada peza.
  6. O premio serán unhas consumicións gratuítas (bocadillo e bebida) na cafetería do centro.
  7. Os gañadores daranse a coñecer na bilbioteca o mércores día 31, durante o segundo recreo. 

Organizan: Biblioteca e Equipo de Dinamización Lingüística.

O GALEGO, LINGUA MINORITARIA?

Mirade o seguinte vídeo, seguro que vos sorprende.

AS NOSAS PALABRAS COBRAN VIDA

Os alumnos de 1º ESO, vestidos de palabra, baixaron á vila de Mugardos a recompilar novas compañeiras a cambio de flores e pegatinas. Asemade repartiron no comercio mugardés un tríptico realizado pola Coordinadora dos Equipos de Normalización Lingüística co obxectivo de fomentar o uso do galego neste sector.

Grazas a todos os mugardeses que colaborastes na actividade agasallando a cada cativo con unha ou varias palabras.

Equipo de Dinamización Lingüística e Biblioteca.


Entrega do premio do I Concurso de Banda Deseñada

   No segundo recreo de hoxe, 12 de marzo, entregouse o premio do I Concurso de Banda Deseñada convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística e mais a Biblioteca. O galardón recaeu no traballo Antía e o gato máxico, presentado baixo o psedónimo de Violeta. Unha vez aberto o sobre resultou ser da autoría de Natalia Fernández, alumna de 2º BAC.

   O xurado valorou positivamente a correcto manexo dos recursos narrativos propios do cómic (planos, globos, metáforas visuais, onomatopeas) así coma a execución do debuxo e precisión dos detalles. 

Preme na ilustración
para ler o cómic

Concurso de repostería. Sobremesas de Entroido

BASES DO CONCURSO
Sobremesas de Entroido
 A participación ha de ser por clases. 
Elaboraranse sobremesas típicas de entroido. 
 Deben colocarse nun soporte (bandexa, cesta, caixa…), adornado con motivos propios destas festas.  
 Incluirase tamén a receita dunha das sobremesas a ordenador, redactada en galego e noutra linguas, a escoller: francés, inglés, italiano, catalán, éuscaro ou  portugués. E unha fotografía que recolla o momento da elaboración. Tanto a fotografía como a receita irán dentro dunha funda de plástico. 
 Hai que presentalas o venres 17 de febreiro no segundo recreo, nas mesas instaladas diante da cafetería. 
 Un xurado composto de alumnos e membros do Equipo de Dinamización Lingüística xulgaraas. 
 
—Valorarase a calidade das sobremesas, a presentación das receitas e a orixinalidade da decoración. 
 O premio consistirá nun vale para unha consumición gratuíta (bocata e bebida) para o grupo gañador, o venres 24 de marzo na cafetería do centro. —
Cada grupo poderá degustar as sobremesa que elaborou para o concurso na última hora de clase.

Día de San Valentín

Día de San Valentín 

Cartas de amor en galego

1.  Cada alumno só pode enviar unha carta.
2.  Debe ir en sobre pechado, indicando por fóra o destinatario.
3. Encargarase de recollelas o delegado de cada clase apuntando quen a envía e a quen vai dirixida. Logo introduciraas, o martes 14 de febreiro, na caixa de correoinstalada diante da cafetería. 
 4. Repartiranse despois do 2º recreo.
 Equipo de Dinamización Lingüística. 2012.

CANTIGUEANDO POLO NADAL

 

CANTIGUEANDO POLO NADAL. CONCURSO DE CANCIÓNS POPULARES E PANXOLIÑAS

Animádevos a participar!

 

Bases do concurso:

Participarase por grupos. Cada aula debe escoller unha canción popular ou unha panxoliña en galego. Se non coñecedes ningunha, no arquivo que se achega podedes ver unha pequena selección de cancións. As panxoliñas podedes buscalas en internet nos seguintes enlaces: http://www.mundogaliza.com/todomusica/index.php/2008/10/23/panxolinas-en-youtube/ e http://vello.vieiros.com/nadal2001/panxolinhas.html 

Debe participar toda a clase.

A elección da canción ou panxoliña, unha vez realizada na clase,  comunicarase ó Equipo de Dinamización Lingüística, a través do delegado, nunha reunión que terá lugar o venres 9 de decembro durante o primeiro recreo no salón de actos.

Cada canción das propostas leva un enlace para poder escoitalas, por se non coñecedes a música, pero poden interpretarse dese xeito ou facer unha versión, por exemplo rapeada.

O concurso terá lugar no salón de actos, o día 21 de decembro ó final da mañá.

A aula que non participe deberá asistir á clase da materia correspondente.

Equipo de Dinamización Lingüística

Distribuir contido


by Dr. Radut