Skip to Content

Blog Tecno

Blog Tecno

Vídeo STARcach

Vídeo resumo do proxecto STARcach, unha combinación do traballo de varios Departamentos (Galego, Tecno, Mates, FQ, Inglés) e rapaces no eido do audiovisual e a robótica. Todo un curso aprendendo, creando e disfrutando, un pracer!

STARgal 16

O proxecto STARgal consistiu na organización dunha mostra e competición de produtos TIC (probas de robótica, videoxogos, curtas, etc) elaborados de acordo co establecido no Contrato Programa STARcach. As “olimpíadas” STARgal encadráronse na programación das Letras Galegas, e artelláronse en dúas modalidades:

RañaSTARgal, adicado á programación e robótica, desenvolveuse tanto no noso centro (a continuación explicamos as probas) como online: todos os institutos de Galicia puideron participar xogando a 4 videoxogos que foron publicados no noso Blog STARgal: Pasapalabra, Pasapalabra Manuel María, Auga Ben-dita, Camiño de Santiago: pelegrín vs meigas (este é o enlace onde gardamos os videoxogos

 

Felices festas

#nadalsolidario

Resumo experiencia PIALE 2015

Durante o mes de outubro, a profe Ana Moreiras estivo en Canadá nun programa de inmersión de aprendizaxe das linguas estranxeiras.

Froito desa experiencia, elaborou unha banda deseñada, Tech Crowd, que podedes ver publicada en pdf. Se queredes máis detalles, podedes acceder á memoria escrita que enviou á Consellería.

 

 

Proxecta Reduciclando (Sogama)

O equipo do Proxecta de Sogama "Reduciclando" creou esta fantástica páxina web para aloxar todas as actividades que fixeron. Botade un ollo!

Distribuir contido


by Dr. Radut