Educación física de primaria

A DANZA DO PITIÑO

 

Aprendemos a bailar a danza do pitiño. Se pinchades no adxunto podedes ver e escoitar un anaco. A que é divertida?

A CAIXA MÁXICA

O xogo da caixa máxica permítenos expresar o que sentimos e pensamos.

Mirade a caixa pechada e todo o que pode sair dela: estrelas, corazóns, motos, lobos, patacas, ...

 

 

 

 

+ CARREIRAS DE ENTROIDO

O alumnado de 6º tamén se animou a correr con Galopín e Trotón

 

 

E buscaron os agochos máis insospeitados para o noso cervo papafilloas

 

AGOCHOS

 

O noso cervo papafilloas busca os agochos máis insospeitados. A que resulta difícil atopalo? Menos mal que os cans do cazador teñen bo olfato.

 

O ENTROIDO

 

Estes son os nosos amigos Galopín e Trotón, que nos acompañarán no Entroido para xogar ás carreiras, aos cabaleiros,... xunto ao noso amigo o cervo lambón papafilloas e papaorellas. Mirade como se esconde:

 

Galopín e Trotón listos para a carreira. Preparados, listos,... XA!

 

XOGAMOS CON CAROZOS

Aí vai o adxunto para ver a sesión; como dixen antes,  tede paciencia que tarda algo de tempo en cargar.

XOGOS CON CAROZOS

Ao longo da semana adicámonos a explorar o uso que poden ter os carozos como material alternativo nas sesións de E.  Física.

E comprobamos que teñen moitas posibilidades para traballar lanzamentos e recepcións, equilibrios, malabarismos,... pero sobre todo para fomentar a creatividade, cooperación e traballo en pequeno e gran grupo.

Vede unha mostra das imaxes pinchando no adxunto. Tende paciencia porque vai lento. Agardo que vos guste.

A PAZ

Desenvolvemos distintos xogos que nos lembran o día da Paz.

Canción "A Muralla" de Ana Belén:

 

Co baile da alfombra repartimos aloumiños e apertas aos nosos amigos

 

Lembrade que o día da Paz debe ser todos os días.

XIROS

Cos maiores, en lugar de ir á selva, empezamos a practicar os xiros. Neste caso o tombo de gato.

    

    

ANIMAIS 2

Dentro do programa de expresión e comunicación corporal estamos a traballar o tema dos animais. Esta semana visitamos África, vimos elefantes, leóns, rás, rinocerontes, flamencos,... ata bailamos unha danza tribal con tambores. Estade ben atentos a ver se identificades todos os animais.

Powered by Drupal - Design by artinet