Educación física de primaria

ENSAIO

 Aquí vai unha mostra dun ensaio do baile de nadal. Non é que nos saia moi ben, de momento, pero xa veredes o día do festival.

Agardamos os vosos aplausos.

 

1º TRIMESTRE

Estes son os debuxos que recollemos neste 1º trimestre en E. Física, non son moitos pero pouco a pouco vaise enchendo o taboleiro coas vosas creacións.

Agardamos que para xaneiro traiades máis. Grazaaaas!!

 

XOGAMOS

Estamos ensaiando o baile para o festival de nadal e o tempo que nos queda aproveitamos para xogar libremente. Mirade cantas ideas temos:

Este é o equipo improvisado de rugbi:

 

Estes son os loitadores do monstruo gris:

 

E, por último, temos o equipo das construccións creativas:

 

Alguén quere vir xogar connosco?

PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS

En  Primaria, na área de E. Física, damos a coñecer a pirámide dos alimentos e fomentamos unha alimentación saudable.

 

 

 

GRAZAS

Grazas aos nosos compañeiros da ESO e á profe Ana que nos elaboraron, na clase de tecnoloxía, uns camiños en cartón para xogar coas castañas.

Mirade que chulos!!

 

 

+ XOGOS CON CASTAÑAS

Aí van outros exemplos de xogos con castañas previos ao magosto.

 

Tiramos á raia a ver quen se achega máis sen pasarse.

 

Castaña-culler sen que caia e probando diferentes posturas, cal é máis difícil?

 

Tamén podemos facer malabarismos, xogos con cancións,... aí vai unha, aí van dúas,...

Preparádevos castañas que xa queda menos para o magosto!!

XOGAMOS CON CASTAÑAS

Xa temos o magosto aí preto e para ir preparándonos nada mellor que uns xogos con castañas.

Os nosos come-castañas están agardando.

 

Traballamos a habilidade manual cos camiños de castañas. Mirade que ben o pasamos:

 

 

Estade atentos porque o próximo día faremos máis xogos, e tamén prepararemos o baile do ourizo.

 

PESÁMONOS E MEDÍMONOS

Canto medramos desde o curso pasado!!

Despois de pesarnos e medirnos de novo xogamos ás galiñas e aos vermes, así percibimos a noción de peso dos nosos compañeiros.

 

 

PRESENTACIÓN

Recuperamos o contacto cos compañeiro/as, o paracaídas é unha boa ferramenta para traballar a cooperación.

Cos máis pequenos xogamos ao tren de Martiño, chu, chu, chu...

REMATAMOS

Rematamos o curso igual que o empezamos, con xogos cooperativos co paracaídas. Velaquí unhas imaxes:

 

 

E con isto e un biscoito, non nos vemos mañá ás oito, verémonos de novo en setembro.

Non esquezades alimentarvos ben e facer deporte todos os días, ademáis de descansar moito para volver con moita enerxía.

Un saúdo de Jose! Sorriso

Powered by Drupal - Design by artinet