Dentro do programa de expresión e comunicación corporal estamos a traballar o tema dos animais. Esta semana visitamos África, vimos elefantes, leóns, rás, rinocerontes, flamencos,... ata bailamos unha danza tribal con tambores. Estade ben atentos a ver se identificades todos os animais.
Educación física de primaria
ANIMAIS
O mércores no pavillón vivimos unha pequena aventura: ATOPAMOS UN LAGARTO NA PAREDE!!
Observámolo atentamente: como se despraza, como move o rabo, como bota a lingua, ...
Soltámolo no xardín, adeus amigo lagarto! A ver se o descubres entre as herbas
A continuación representamos co noso corpo ao noso amigo
E a outros moitos animais, como se move o gato? e a cegoña?, e a tartaruga?....
DE NOVO
De volta das vacacións, iniciamos a actividade.
Cos pequenos xogamos cos globos. Cantos xogos podemos facer cos globos?
Estoupalos ao final é unha chulada
Cos maiores probamos a practicar a posición invertida. Quen se anima?
BO NADAL!
Agora, despois do esforzo de todo o trimestre, a disfrutar das vacacións.
Non esquezades facer deporte a diario e alimentarvos de maneira saudable, que estas datas dan para todo.
Para ver o video da carrasquiña pinchade no adxunto e armádevos de paciencia pois aínda tarda un pouquiño. Non deixedes de velo. Xa me contaredes o que vos parece.
Bo Nadal para tod@s!! Jose
RESUMO
Presentamos aquí unha mostra de actividades desenvoltas neste trimestre. Non están todas, son só un exemplo:
Bailamos a carrasquiña
Construimos pontes co noso corpo
Cos xornais damos renda solta á nosa imaxinación e creatividade
Velaquí os comecastañas do noso magosto
Preparando o trompo para o San Martiño
Colchonetas e cordas dan moito xogo
E os bancos tamén
Con OMNIKIN e o paracaídas fomentamos a cooperación
POR FIN!! XOGAMOS CON OMNIKIN!
POR FIN!! Despois de moitas complicacións a ver se somos quen de subir un par de fotos.
A semana pasada estrenamos OMNIKIN, que da moito xogo. Vede unhas mostras:
Pois vai ser que non, que non podedes ver as mostras, porque seguimos coas complicacións.
Tentarémolo de novo!
XOGOS COOPERATIVOS EN PRIMARIA
O alumnado puido comprobar o funcionamento dun paracaídas
¿Alguén se atreverá a tirarse dun avión algún día?
¿Algún destes quizáis?
Quen sabe...
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17