Educación física de primaria

POSTURAS CORPORAIS BÁSICAS

           Neste 1º trimestre, no que traballamos o esquema corporal, estivemos investigando sobre as posturas corporais: de pé, sentados, deitados... queda unha presentación ben bonita de ver!                                              

 

  

 

 

 

BALONCESTO

Onte, luns 6 de outubro, estiveron connosco Antonio e Fruqui, membros do clube de baloncesto RIO ULLA de Pontecesures. A súa finalidade é promocionar este deporte e buscar nenos e nenas que queiran xogar ao baloncesto federado nesta tempada 2014/15.

 

 

 

Ofrecéronnos unha charla informativa e puxemos en práctica uns xogos de iniciación. Pasámolo moi ben!!

      ANÍMATE E VEN XOGAR AO BALONCESTO!!!

PESÁMONOS

 Ao longo desta semana estivemos medíndonos e pesándonos e exploramos diferentes sensacións de peso, transportando aos compañeiro/as sobre as colchonetas e co xogo dos pucheiriños de mel.

 

 

 

ESQUEMA CORPORAL

Cos alumno/as de 1º ciclo traballamos o esquema corporal para aprender a coñecernos mellor.

O xogo do mago utilizando os panos de cores é moi divertido.

 

 

Ao rematar encartamos ben o noso paniño, mirade que ben o facemos:

 

TAREFAS LÚDICAS

          BENVIDOS AO NOVO CURSO 2014/15

 

 

 

 

 

- Escribe o teu nome na parte superior dereita desta folla e recuádrao.

- Da unha aperta ao compañeiro que teñas máis preto.

- Corre dunha canasta á outra mentras berras o resultado da seguinte operación: 7x4

- ......

Diferentes tarefas que nos axudan a percibir o espazo, a coordinarnos cos compañeiros, a axudarnos mutuamente,... mentras pasamos un rato divertido.

 

REMATAMOS!!

E para rematar o curso nada mellor que unha sesión de xogos con paracaídas.

Aí van unhas fotos:

 

 

 

Sabedes onde estamos? a que non nos vedes?

Pois iso, que nos imos de vacacióoooooons!

BO VERÁN PARA TODOS!!!

PIRAGÜISMO NO RÍO ULLA 2ª parte

A ver se vos gusta...Nós pasámolo pipa.

E animádevos a participar nos cursos de verán que organiza este clube!!

PIRAGÜISMO NO RÍO ULLA

Aquí vai a presentación da sesión de iniciación ao piragüismo que levamos a cabo o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria o 11 de xuño en colaboración co clube As Torres Romería Vikinga de Catoira. Tivemos un día estupendo e disfrutamos un montón do deporte, do bo tempo e da auga.
 

 

 

Estade atentos a esta páxina que publicaremos máis fotos!

JUDO

Continuaremos practicando actividades de loita na escola. Isto é o aperitivo, agardo que vos guste:

 

ACTIVIDADE DE JUDO NA ESCOLA

Hoxe viñeron Xaquín e Brais, monitores do Compostela judo club para ofrecernos unha xornada de iniciación a este deporte. Aprendemos ben de cousas e practicamos moito: as caídas, os volteos, ...

Aquí vai unha pequena mostra:

 

 

Estade atentos porque en breve publicaremos máis fotos.

Powered by Drupal - Design by artinet