Saltar navegación.
Inicio

Instalacións

A terceira aula de informática

Informática - Secundaria - 1ª planta

17/01/2008

Despois de poñer mesas e cadeiras novas recentemente, xa podemos dar por rematada a terceira aula de informática do Feal. Aínda que como sabedes está situada no corredor de 3º de ESO, loxicamente está a disposición de todo o centro. Os ordenadores están fallando demasiado para ser novos, pero parece que temos localizada a principal causa. Esperamos que tódolos usuarios da aula valoren o esforzo que se fixo para chegar a este punto e axuden a mantela sempre nas condicións actuais. Moi poucos centros do noso tamaño poden presumir de tres aulas de informática en bo estado (coñecedes algún?).

Conserxería

José

09/11/2007

Aquí tedes a José estreando a nova fotocopiadora de Conserxería.

Para gustos hai cores

O Feal 2007

A sorte está botada: temos azul e amarelo para moitos anos. Casualmente son as cores do escudo e bandeira de Narón. Para os que preferiríades cores máis discretas... pensade que perderán forza pouco a pouco. No que estaremos todos dacordo é que O Feal necesitaba unhas mans de pintura.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido