Saltar navegación.
Inicio

Lingua Castelá

Imos ao teatro!

Estefanía, Lola e Noa

23/12/2018

Estefanía Silva e Noa Filgueira, alumnas de 4º ESO, participaron nun concurso de redacción proposto na clase de Lingua Castelá e, como premio, obtiveron entradas para asistir á representación teatral Crimen y telón, do grupo Ron Lalá, que tivo lugar onte no Pazo da Cultura de Narón.

Acompañadas por Lola Filgueira, irmá de Noa e tamén alumna do CPI do Feal, puideron comprobar a maxia do teatro, nun espectáculo que, a modo de thriller de comedia negra, facía unha homenaxe a todas as artes e plantexaba ao espectador a reflexión sobre o que podería suceder se nun futuro próximo todas as formas culturais estivesen prohibidas. Non faltaron a música, o humor, e a crítica que caracterizan a traxectoria desta compañía.

Grazas a estas rapazas polo seu traballo de redacción e por amosar entusiasmo pola cultura.

 

Ida Vitale, Premio Cervantes 2018

15/11/2018

A poetisa Ida Vitale (Montevideo, 1923) acaba de ser elixida Premio Cervantes 2018. Este galardón considérase o Nobel de Literatura das Letras Hispánicas. Neste caso recoñece non só a súa traxectoria poética, senón tamén o seu labor intelectual, como crítica e tradutora. Nos versos de Ida Vitale atopamos o contraste entre o universal e o persoal, entre o culto e o popular. A esencia da súa obra é o reflexo social, sen perder unha actitude vitalista.

Visita á biblioteca municipal

Biblioteca de Narón (21/2/2018)Fai clic para ver máis fotos

23/02/2018

O pasado mércores, o grupo de 1ºESO-A acudiu á Biblioteca Municipal de Narón, acompañado pola súa profesora de Lingua Castelá. Esta actividade forma parte das propostas que fai o Concello para apoiar os recursos educativos.

A coordinadora da Biblioteca ensinoulles as instalacións e explicou con detalle o funcionamento e organización da mesma. Ademais tiveron a oportunidade de visitar o Depósito de Fondos Bibliográficos. O alumnado amosou moito interese e participou activamente ante as preguntas da bibliotecaria. Puideron observar como ten cambiado a transmisión de información nos últimos vinte anos: dende as rudimentarias enciclopedias en papel, pasando por documentos que xa non se imprimen como o D.O.G.A,  ata chegar á moderna tecnoloxía da que gozan neste momento do século XXI, onde todo está a golpe de tecla.

Concurso de Novos Talentos de Relato Curto

Noa e Mar

29/05/2017

O Pazo de Mariñán acolleu o pasado venres  27 de maio a Gala de entrega dos premios da 57ª edición nacional do Concurso de Relato Curto organizado pola empresa Coca Cola, e apoiado pola RAE.

A convocatoria deste ano bateu marca de participación: 555 alumnos/as na comunidade de Galicia. Trala valoración do xurado, 21 deses rapaces foron seleccionados como finalistas. Entre eles, Noa Filgueira Piñeiro, alumna de 2º de ESO A, que recibiu o segundo premio do sector Ferrolterra. Todo un logro desta brillante escritora. Parabéns, Noa!!

Mar González

Noa e Mar

Concurso de redacción

A Coruña

26/03/2017

Alba Castro, Noa Filgueira, Alba Rey y Carmela Varela, alumnas de 2º ESO, representaron al CPI do Feal en la 57ª edición del Concurso de Relato Corto, organizado por la empresa Coca Cola y avalado por la Real Academia de la Lengua. La prueba se celebró el pasado viernes en el Aula Magna de la facultad de Filología de la Universidad de A Coruña. A partir de la sugerente frase Esto es lo único que recordarás, los participantes debían crear su historia. En unas semanas se conocerá el nombre de los seis finalistas provinciales. Suerte!

Mar González

Día do libro 2015

 

Día do Libro 2015

23/04/2015

Deixamos aquí unhas pequenas mostras das actividades que realizou hoxe o alumnado de 1º e 2º de ESO para conmemorar o Día do Libro.

Día do Libro 2015

Concurso de relatos convocado por Coca-Cola

Relatos Coca-Cola 2015

19/04/2015

O pasado venres 17 de abril, Nerea Freire, Andrea Lagoa, Sushma Padín e Gabriel Pardo, alumnos de 2º ESO, representaron ao CPI do Feal na 55ª edición do concurso de Relato Curto patrocinado por Coca Cola e respaldado pola RAE. En poucos días saberemos se pasan á seguinte fase. Sorte!

Relatos Coca-Cola 2015

Día do Libro 2013

Versión en HD: http://youtu.be/usxYxa094BA?hd=1

23/04/2013

Presentamos un novo vídeo; neste caso realizado na materia de Lingua Castelá cos seguintes alumnos de 1º de ESO - A: Paula Vázquez, Israel Bolaño, Alicia Santos, Roberto Leira e Rut Balado. Trátase dun traballo sobre o Día do Libro. Para continuar coa conmemoración desta data, o CPI do Feal acollerá esta semana a visita de dous escritores:

  • Antonio Yáñez Casal, que falará do seu libro Vento Galerno para o alumnado de 3º e 4º de ESO (xoves 25)
  • Paula Merlán, que dará unha charla sobre a creación dunha obra literaria para o alumnado do 3º Ciclo de Educación Primaria e 1º de ESO (venres 26)

Aniversario de Bécquer

17/02/2013

Nestas datas cumpriría anos Gustavo Adolfo Bécquer, 177 para sermos exactos. É unha boa ocasión para lembrar algunha das Rimas deste apaixonado poeta do XIX.
XXX
Asomaba a sus ojos una lágrima,
y a mi labio una frase de perdón;
habló el orgullo y se enjugó su llanto,
y la frase en mis labios expiró.
Yo voy por un camino, ella por otro;
pero al pensar en nuestro mutuo amor,
yo digo aún: ¿por qué callé aquel día?
Y ella dirá: ¿por qué no lloré yo?

Premio Planeta 2010

Eduardo Mendoza

Eduardo Mendoza
Mar González, 22/10/2010

O máis famoso dos Premios Literarios que se conceden no noso país, recaeu este ano no escritor catalán, Eduardo Mendoza. As súas obras marcadas pola intriga e a ironía, sempre teñen boa acollida entre os lectores. Sin noticias de Gurb, El misterio de la cripta embrujada o La verdad sobre el caso Savolta son habituais lecturas entre os alumnos de Secundaria e Bacharelato. A obra pola que gaña o Planeta 2010 titúlase Riña de gatos. Madrid, 1936. Trátase dunha novela de espionaxe e aventuras, ambientada en Madrid nos días previos ao inicio da Guerra Civil.

Finalista deste recoñecido galardón temos á periodista valenciana Carmen Amoraga, coa obra El tiempo mientras tanto que narra o cambio que sofre a fría relación existente entre unha nai e unha filla cando ésta entra en coma. Ao longo da novela van entrando variadas personaxes que ofrecen unha mostra da súa historia e crean unha novela coral.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido