Ida Vitale, Premio Cervantes 2018
15/11/2018
A poetisa Ida Vitale (Montevideo, 1923) acaba de ser elixida Premio Cervantes 2018. Este galardón considérase o Nobel de Literatura das Letras Hispánicas. Neste caso recoñece non só a súa traxectoria poética, senón tamén o seu labor intelectual, como crítica e tradutora. Nos versos de Ida Vitale atopamos o contraste entre o universal e o persoal, entre o culto e o popular. A esencia da súa obra é o reflexo social, sen perder unha actitude vitalista.
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com