Saltar navegación.
Inicio

Francés

Teatro en francés

Le Bourgeois Gentilhomme

Fai clic para ver máis fotos

30/11/2013

Un ano máis os alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO de Francés asistiron a unha representación teatral para poñer a proba os seus coñecementos e, sobre todo, para pasalo ben.

Trátabase dunha das coñecidas comedias de Molière, Le Bourgeois Gentilhomme. O señor Jourdain intentaba de xeito patético aprender a comportarse como un aristócrata: profesores de canto, baile, filosofía... aproveitábanse da súa ignorancia para sacarlle os cartos. O mellor da obra veu cara ao final, cando a actriz botou man do noso alumno Aitor de 3ºB para facer de príncipe turco. Aitor casou coa rapaza despois de ser reverenciado polo señor Jourdain, que estaba feliz de emparentar tan ben. O problema foi cando lle descubriron o engano, desvelando que non se trataba en verdade de ningún príncipe, pensamos que igual lle daban algunha labazada no escenario! (ficticia, claro!!)

Foi unha xornada chea de humor da man da compañía La Bohème.

Le Bourgeois Gentilhomme

Teatro en francés para o alumnado da ESO

Belén actuando en L'avare

Belén Romero actuando en "L'avare" de Molière

05/12/2012

O pasado 4 de decembro, o alumnado de 3º e 4º de ESO matriculado en Francés asistiu á representación da obra "L'avare" de Molière (da compañía Eina d'escola), no colexio Lestonnac de Caranza. O espectáculo era interactivo, e a nosa alumna de 4º de ESO Belén Romero fixo moi ben a súa improvisada intervención. Podes ver máis imaxes na nosa Galería.

Facendo novos amigos... e aprendendo linguas

J. J. Rousseau

Montse Lorenzo, 07/06/2010 

Dende o Departamento de Francés estamos a buscar novos amigos para poñer en práctica dun xeito divertido o francés que ensinamos na aula. Unha selección de vintecatro alumnos de 1º E.S.O. levan a cabo neste terceiro trimestre de curso un intercambio de correspondencia con alumnos que están cursando o seu primeiro ano de español no colexio Jean-Jacques Rousseau situado en Argenteuil, na periferia de París.

Nós xa recibimos as primeiras cartas hai unha semana, nas que os rapaces e rapazas francesas se presentan, falan das súas familias, do seu colexio e dos seus hobbies. Algúns deles inclúen fotos do máis divertido. Os nosos alumnos están afanados redactando as súas respostas e esperamos facer o noso envío de correspondencia nos próximos días. Esta experiencia continuarase ó longo do próximo curso con este grupo de alumnos e se resulta satisfactoria podería materializarse nun intercambio lingüístico entre os dous centros, proxecto que tanto a min como á súa profesora de español, Carmen Anidos-Meizoso, nos parece interesante para motivar a aprendizaxe dos respectivos idiomas por parte dos nosos alumnos.

Así pois, quen sabe, tal vez o  vindeiro curso  teñamos caras novas nas nosas aulas, así que se queredes, podedes ir aprendendo un pouquiño de francés, que sempre está ben practicar linguas, ¿non?

J. J. Rousseau

Au revoir, Paris...et à très bientôt!

París 2010
Fai clic para ver o vídeo

Montse Lorenzo, 05/04/2010

Unha expedición de aventureiros do C.P.I. do Feal aterrou o pasado venres, 26 de marzo, no aeroporto de Alvedro ás oito e cuarto da tarde despois dunha estancia de cinco días en París.

Vaia cariñas de fatiga! (xa se sabe, moito pateo, poucas horas de sono, algo de troula nocturna....), o que máis e o que menos pedía papas, pero que carai, chegamos todos moi satisfeitos e moi contentos, porque esta vez todo saíu bastante ben.

O hotel superou as nosas expectativas, o tempo sorprendeunos gratamente, boa temperatura, nada de choiva excepto o xoves...así que, pese as malas predicións meteorolóxicas, Lourenzo tivo a ben alegrarnos a viaxe para que disfrutasemos da cidade da luz.

Visitamos os lugares máis importantes da cidade, disfrutando do seu cosmopolitismo e da súa elegancia. Mesturámonos coas súas xentes, disfrutando en varias ocasións dos espectáculos das rúas... aproveitamos ben a visita para empaparnos un pouquiño do ambiente parisino.

Quero felicitar dende a nosa web aos trece alumnos do noso centro, e aos trinta e oito do I.E.S. As Telleiras que participaron na viaxe, polo seu interese, o  seu bo comportamento e a súa excelente convivencia. Os profesores chegamos realmente satisfeitos por todo, a experiencia foi moi positiva, así da gusto viaxar e, por suposto, estamos animados a seguir organizando esta viaxe cultural conxunta entre os dous centros.

Na nosa Galería, xa hai fotos de Ángel Soto (3º de ESO B), de Marta Fernández (4º de ESO A) e miñas, xunto con un vídeo que fixo Ángel Carrera con estas imaxes e unha canción do grupo francés AIR (que actuará o sábado 19 de xuño en A Coruña).

París...on arrive!

Louvre

Montse Lorenzo, 08/01/2010

No Feal estamos desexando preparar a equipaxe para voar rumbo a París. Como xa fixéramos hai dous anos, unirémonos aos nosos compañeiros do I.E.S. As Telleiras para facer unha visita cultural á cidade da luz do 22 ao 26 de marzo. Visitaremos os lugares máis emblemáticos da cidade (Tour Eiffel, Notre-Dame, Arc de Triomphe, Sacré-Coeur, Champs Elysées, Musée du Louvre...) e tamén dedicaremos un día a disfrutar da maxia do parque Disneyland.

Os 15 alumnos de francés de 3º e 4º de E.S.O. que participarán na experiencia, perseguiranvos como tolos  en breve, polos pasillos do cole e pola rúa, xa que queren rematar os seus talonarios de rifas. Xa sabedes que hai que facer un petiño, que viaxar ao estranxeiro é costoso, así que colaborade se podedes, e con sorte, pode que tamén vós saquedes as maletas se vos toca algunha das viaxes que se sortean, a primeira ao Caribe (lembrade o ben que estaba alí Curro) e a segunda ás Illas Canarias.

Esta vez cruzamos os dedos para que non teñamos tantos sobresaltos como na vez anterior, na que o hotel era unha caixa de sorpresas.....sexamos positivos...peor que aquel hotel xa non haberá moitos por París, así que teremos que confiar en Viaxes Marsáns, que nos perxura que esta vez non haberá ningún problema.

Tour de Paris

París....c'est fini!

París 2008

24/03/2008

Et voilà, xa estamos de volta!, o bó pasa rapidiño de máis, pero aproveitámolo moi pero que moi ben. Vimos todo aquilo que levábamos previsto no noso itinerario e tamén tivemos tempo de pasear e perdernos un ratiño polas rúas respirando o ambiente parisino e mesturándonos coas súas xentes, que é o que verdadeiramente nos fai palpar a identidade da cidade.

Aínda que tivemos algúns problemiñas có hotel e coa meteoroloxía (non facía precisamente un sol radiante), non deixamos que nada enturbase a nosa viaxe porque todos coincidimos en que París é unha cidade impresionante, "chapeau", como din os franceses, (nós tamén nos quitamos o sombreiro).

No próximo número da nosa revista "A tribo" aparecerá un artigo sobre a nosa viaxe e unha selección de fotos, aínda que si queredes encher os ollos con imaxes de París tedes bastantes na Galería da nosa Web: convidámosvos a contemplalas.

Dende aquí enviamos un saúdo ós compañeiros de Telleiras cós que houbo unha estupenda convivencia durante toda a viaxe, así que, cando queiran... repetimos!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido