Deporte
Día da Bici en Narón
24/09/2009
O próximo domingo 27 de setembro, terá lugar unha concentración de bicicletas no paseo marítimo de Xuvia organizada polo Concello de Narón. Ás once da maná, os participantes partiran de alí para percorrer unha ruta duns doce quilómetros que pasará por exemplo pola estrada de Castela.
Aerofesta 2009 en Narón
05/08/2009
Un ano máis, os nosos amigos do club de aeromodelismo "A Pombiña" de Narón organizan o seu festival de verán na pista de Pedroso, esta vez o 22 e o 23 de agosto.
Podedes ampliar a información na páxina web do club e consultar a situación da pista de Pedroso aquí. Aínda que só hai festival unha vez ao ano, podedes achegarvos á pista calquera fin de semana, que seguro que hai actividade.
XXII Rallye "Cidade de Narón"
08/06/2009
Toda a información relativa ao Rallye de Narón 2009 que se celebrará a próxima fin de semana, está en www.rallyenaron.org. O noso alumno de 4º de Diversificación Adrián Teijeiro estará entre os axudantes de seguridade.
Competición con bicicletas de montaña no Polígono Río do Pozo
Fai clic para ver a situación do circuito
27/05/2009
O noso alumno de 4º de ESO Bruno Leiras, que é moi aficionado ao mundo da bicicleta, vén de informarnos dunha importante competición con bicicletas de montaña que se celebrará a tarde do próximo domingo 31 de maio moi cerca do Feal. Será no circuito de motocross que fixo o Concello de Narón no Polígono Río do Pozo e na modalidade de Dual Slalom (descensos por parellas). Tedes máis información na páxina web do Concello.
Xornadas Aéreas de Narón 2008
25/08/2008
Os pasados 23 e 24 de agosto tiveron lugar as V Xornadas Aéreas organizadas polos nosos amigos do Club de Aeromodelismo de Narón. Durante os obradoiros do pasado Entroido, estiveran dous representantes do club no Feal (Alberto e Joaquín) e quedamos moi agradecidos, aínda que a choiva non permitiu unha exhibición no patio. Esperamos seguir colaborando con eles.
A aerofesta de 2008 foi un éxito unha vez máis, aínda que o domingo houbo que esperar un pouco a que mellorara o tempo. De momento, só podemos poñer un enlace ao espectacular vídeo da aerofesta de 2007.
Podedes ampliar a información na páxina web do club e consultar a situación da pista de Pedroso aquí. Aínda que só hai festival unha vez ao ano, podedes achegarvos á pista calquera fin de semana, que seguro que hai actividade.
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com