Saltar navegación.
Inicio

Amador

 

Marisa Agulló, 13/10/2010

Angel, seguindo co compromiso do curso pasado e para contribuir un pouquiño a que esta páxina do cole siga viva, anímome a seguir cos meus humildes comentarios na sección de cine.

Despois dos " Luns ao sol " e " Princesas ", a primeira delas sobradamente premiada, F. León de Aranoa estrea " Amador ", película moi na liña do seu filmografía, encadrada na temática social que el domina.

Nesta caso preséntanos a relación entre unha persoa maior e a súa coidadora, unha inmigrante latinoamericana, ambos, dous exemplos claros de soidade neste mundo, ás veces, moi falto de comunicación.

É uha delicia de película. Os seus protagonistas, Marcela, interpretado pola actriz peruana Magali Solier e Amador, polo actor galego Celso Bugallo bordan os seus papeis. Os diálogos entre eles son sublimes, trasmiten á perfección o drama das súas respectivas situacións cun linguaxe con infinidade de pinceladas cómicas, provocando esa tenrura que o director sabe plasmar en todas as súas películas.

Non quero desvelar a trama para animar a vela. Merece a pena. Espero que a disfrutedes.

:) Hola ! Qué tal todo

:) Hola ! Qué tal todo ?
Bueno Marisa, espero ir a ver esta película ya que la recomiendas tú ...
Como podéis comprobar no me olvido del Feal, así que ya me tenéis por aquí aunque espero ir pronto de visita; ahora no tengo mucho tiempo pero en BREVE iré !
Os quiero !

Reanimación

Deixando aparte os problemas de acceso que están tendo as webs dos centros educativos galegos, alégrome de que pouco a pouco se vaia reanimando a nosa, grazas a Mar, Gelen, Marisa, José, Víctor... pero non esquezades escribir tamén sobre o que pasa no Feal. Eu teño prevista algunha sorpresa sobre o que "pasou" no Feal noutros tempos, pero non me estou enterando demasiado do que está pasando nestes momentos.

E tomo nota da suxestión cinematográfica de Marisa, que ten boa pinta.

Unha aperta

Ángel Carrera

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com