Saltar navegación.
Inicio
Narón (A Coruña)

Invictus

 

Marisa Agulló, 02/02/2010

Película que sorprende, xa que non se trata dunha biografía dun persoaxe histórico, ao uso; neste caso Nelson Mandela, se non dun feito puntual, o inicio da presidencia do seu país, Sudáfrica, exemplo ata ese intre dunha política de "apartheid" levada ata o máis extremo.

o contexto histórico é un suceso que podería resultar banal, a copa mundial de rugbi, celebrada en Sudáfrica no ano 1995 e como Mandela utilizaa como ferramenta de reconciliación entre brancos e negros.

Algo que parece politicamente incorrecto, vaille servir para levar ao seu país a esa reconciliación, ata ese intre, impensable.

Tecnicamente, moi ben construida, non ten desperdicio. A garantía, penso que está no director, Clint Eastwood, nos actores, Morgan Freeman, do que parte a idea de realizar a película sobre a figura de Mandela (ao seu xuicio, o único actor que pode darlle vida), Matt Damon, no papel de capitán do equipo sudafricano de rugbi; así como os secundarios. Ademais está chea de escenas impactantes como a do neno negro que escoita o partido, nas aforas do estadio, ao lado duns polícias brancos.

Podería seguir pero non quero esmiuzar a trama pois merece a pena vela e que cada quen faga a lectura oportuna. Tan só dicir  que a película transmite a idea que ante situacións difíciles sempre hai esperanza e como di o propio Mandela "Eu son dono do meu destino e capitán da miña alma", verso extraído do poema victoriano "Invictus" que da título a película e que durante os casi trinta anos que estivo encadeado polas suas ideas, serviulle para soportar a privación de liberdade.

Espero que vos guste

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.es
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com