Saltar navegación.
Inicio

Quinto encontro coa zanfona contemporánea en Narón

Zanfona contemporánea 2009

Paloma García, 12/03/2009

O Encontro coa Zanfona Contemporánea cumpre un lustro. Logo de catro edicións xa se consolida como referente deste instrumento milenario. Anos anteriores achegáronse a Narón algúns dos mellores tocadores de Europa: Valentin Clastrier, Gilles Chabenat, Marc Egea, ou os galegos Anxo Lois Pintos e Óscar Fernández.

Nesta edición, que se celebrará entre o 13 e o 15 de marzo  alternando entre Sedes e o auditorio municipal, miramos de novo ao lugar que máis zanfoneiros concentra, ao máis vangardista e con máis viva tradición: o centro  de Francia. O mestre convidado é un deses novos valores: Grégory Jolivet.

Xarnege, quinteto transfronteirizo de Euskadi e Gascuña, compartirán palco na noite do venres ás 20:30 h.

Como novidade, presentaremos o Encontro na Feira do Trece na parroquia de Sedes. O dúo Sobre Rodas (Luís Correa “O Caruncho” e Carlos do Viso) será o responsable de que a zanfona volva a escoitarse na feira, na romaría.

Ademais…

Para escolares:

  • Concerto didáctico do dúo Sobre Rodas.
  • Panel de experiencias do obradoiro musical do Centro de Artesanía e Deseño de Lugo por Luciano Pérez, herdeiros do pioneiro obradoiro que fundou Faustino Santalices, quen recuperou este instrumento en Galicia no século XX.

Para todas e todos:

  • Concerto Grégory Jolivet + Xarnege, no Auditorio, venres ás 20:30 h.
  • Relatorio do investigador da Asociación Ibérica de la Zanfona, Xulio García Bilbao, Aldea Nova, sábado ás 19:00 h.
  • Palco aberto en Aldea Nova, sábado ás 21:00 h.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com