Saltar navegación.
Inicio

Pequena despedida (con retraso) da nosa Promoción 2017

10/12/2017

O curso pasado non houbo suficiente enerxía para organizar ben un vídeo de despedida da nosa Promoción 2017. Sen embargo, xa a mediados de xuño houbo un intento acelerado por parte dun pequeno equipo de alumnas de 4º de ESO, que presentaron a súa montaxe no festival de fin de curso. Despois, a xa ex-alumna nosa Nerea Doce tivo problemas técnicos para mellorar con calma esta montaxe na súa casa, polo que agora decidimos darlle outra volta desde O Feal ao pouco material dispoñible (cun estilo un pouco diferente) e subilo a Internet.

Ademais de a todo o alumnado de cuarto que colaborou, queremos agradecer especialmente a participación do súper pitcher teacher Víctor Novo, que lanzou con pericia os globos de auga aos nosos fantásticos bateadores/as.

Haberá vídeo de despedida da Promoción 2018? Aínda non sabemos, pero a despedida non ten por que consistir nun vídeo. O ideal sería que o alumnado chegase cunha idea totalmente nova cada ano... poden contar coa nosa axuda.

Ángel Carrera

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com