Saltar navegación.
Inicio

Día das Letras Galegas 2017

Logo

Carlos Casares e O Feal

Fai clic para ampliar a imaxe de Carlos Casares e buscar a túa foto (65,55 MB)

17/05/2017

Presentar a figura de Carlos Casares na súa celebración do Día das Letras Galegas deste 2017 non é doado. Que faciana escoller? Escritor, editor, conferenciante, ensaísta, activista cultural, lector atento, crítico literario, cidadán implicado na recuperación do autogoberno en Galicia...

Ocasión haberá nestes días de salientar biografía e obra, con abondosa produción tanto para pequenos como para grandes, na procura de continuar coa sedución de lectores e lectoras. Sedución que sentimos cando nos achegamos a "un país de palabras", facéndonos conscientes do tesouro que significa posuír lingua propia.

A imaxe-mosaico de conmemoración do Día das Letras 2017 dedicado ao escritor Carlos Casares xorde da colaboración do IES Leixa co noso centro: do Ciclo Formativo de Grao Medio en Impresión de Artes Gráficas co noso Departamento de Lingua e Literatura Galega e co Equipo de Dinamización da Lingua galega.

O mosaico foi realizado pola alumna Irene Aneiros González, de 1º de Ciclo Medio de Preimpresión, no módulo de TIM (Tratamento da imaxe en mapa de bits). O traballo seleccionado foi supervisado pola profesora Celia María Menéndez, a quen lle agradecemos a súa xenerosidade.

Agradecemos a colaboración de toda a comunidade educativa que participou nesta actividade, así como o traballo realizado polo alumnado, con especial mención para a alumna de 3º de ESO A, Alba Fontal Bouza, que realizou as fotografías, e ao alumno de 2º de ESO A, Adrián Rodríguez Castro, que colocou a exposición de fotos e paneis.

Luisa Bel Ortega

AdxuntoTamaño
Carlos_Casares_Feal_2017.jpg65.55 MB

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com