Día de Rosalía
26/02/2016
Con motivo da celebración do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, publicamos o bonito vídeo de Paula Neira que recolle o proceso de elaboración dun mural de homenaxe, feito na nosa aula de Infantil - 4 anos. A banda sonora é un poema de Cantares gallegos musicado por Roi Casal: Meniña, ti a máis fermosa.
O pasado mércores 24, o noso centro sumárase tamén á celebración da biblioteca do Concello. Unha pequena representación do Feal (coas alumnas Olga Gil e Joanna Vaamonde de 4º ESO) acudiu á cita para participar na lectura pública dalgúns dos seus poemas. O acto foi presentado polo alcalde e por Mercedes Taibo, como concelleira de ensino e bibliotecas. Non había moita xente alí, pero si moita participación e emoción na lectura dos poemas elixidos para poñer de relevo a vixencia e importancia dos versos de Rosalía.
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com