Saltar navegación.
Inicio

Visita aos estudios de gravación "Mans" e á embotelladora coruñesa de Coca-Cola

Mans

26/03/2015

O departamento de Música de Secundaria organizou unha saída coruñesa para o noso alumnado de 3º de ESO (xunto cunha pequena representación de 4º), que tivo lugar esta mañá.

O principal obxectivo era visitar os estudios de gravación Mans onde, por exemplo, foi gravada a banda sonora da aínda non estreada El desconocido (rodada na Coruña e protagonizada por Luís Tosar). As explicacións foron bastante técnicas, pero interesantes.

A continuación, a saída completouse cunha visita á embotelladora coruñesa de Coca-Cola, onde é posible ver parte das liñas de produción, aínda que desde un lugar un pouco apartado. Esta visita rematou cun animado debate sobre a composición do famoso refresco.

Podedes ver algunha imaxe adicional na nosa Galería.

Mans

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com