Skip to Content

Atención pais/nais

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 21/22

O prazo para a presentación  de solicitudes  de admisión  de novo alumnado estará aberto do 1 ao 22 de marzo.

As solicitudes  poderán presentarse:

  • A través da aplicación “admisionalumnado”: 

        https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

  • Na secretaria do Centro, con cita previa  (09:45 – 11:10h)

 Formulario para tramitar a solicitude:

O Formulario normalizado ED550B, a través do cal se tramita a solicitude, pode descargarse:

  • Da páxina Web do centro (premendo no arquivo adxunto que atoparedes abrindo esta publicación desde o título).
  • Da aplicación “admisionalumnado": https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
  • Da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na dirección: http://www.xunta.es/portada 
  • O colexio facilitará, de forma gratuíta, unha copia en papel do formulario ás persoas interesadas que a soliciten.

 AVISO IMPORTANTE

   Cada familia só poderá presentar unha única solicitude no centro no que  solicite praza en primeiro lugar.

  A solicitude de admisión de alumnado poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillos/as comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. Nos demais casos requírese a sinatura dos dous titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo, ou en situación de violencia de xénero.

PRAZOS

PRESENTACIÓN SOLICITUDE DE ADMISIÓN: Do 1 ao 22 de marzo

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS ADMITIDOS/AS: Antes do 25 de abril

RECLAMACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS: 3 días hábiles a partir do día seguinte á publicación das listaxes.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS ADMITIDOS/AS: Antes do 15 de maio

FORMALIZACIÓN DE  MATRÍCULA: Do 20 ao 30 de xuño

DOCUMENTACIÓN

a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta no sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Aministracións Públicas.

b) Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/-a.

c) Certificado oficial do expediente académico.

d) Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso, para o seu cotexo (en caso de violencia de xénero non será esixible)

PRAZAS VACANTES  PARA O CURSO 21/22

CURSO PRAZAS VACANTES
12 + 3 NEAE
15
 9
16
5
8

REPARTO DE MÁSCARAS

Bo día familias:

A Xunta ven de publicar a ORDE pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no curso 2020/21.

A continuación, facemos un resumo do contido da ORDE e dos pasos que tedes que facer para  solicitar as máscaras.

 

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e en centros privados concertados no curso 2020/21.

Alumnado destinatario: o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que, de acordo coa Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21:

1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero  pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

Alumnado exento de presentar solicitude: Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21.

Presentación de solicitudes: Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída.

As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando os formularios (anexo I e anexo II) que podedes atopar no arquivo adxunto a esta publicación, e que tamén están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal  ou no portal educativo http://www.edu.xunta.gal

O prazo para presentar as solicitudes será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Documentación complementaria:

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

Atentamente

O Equipo Directivo

PROXECTO MUS-E

Proximamente vai comezar a desenvolverse o Programa MUS-E, que estaba programado para o curso pasado, pero que tivo que ser adiado por mor da pandemia da COVID. O obxectivo final deste programa é a mellora da convivencia entre os membros da Comunidade Educativa, incorporando a arte nas escolas.

Para ter máis información sobre o programa, preme aquí para acceder á web da FYME.

O CEP Carlos Casares e o CRA María Zambrano de O Rosal, somos os dous centro da provincia de Pontevedra que participamos neste gran proxecto.

A expresión artística que se vai ofrecer no noso colexio é a danza e o movemento.

A artista é Mercedes Prieto, unha veciña do noso concello que conta cun amplo currículo e dilatada experiencia como bailadora, investigadora e docente desta especialidade.

Recibirán sesións de danza tod@s @s nen@s do cole, as mestras e as familias.

As sesións para as familias van ser telemáticas, a través da plataforma ZOOM, o venres, 30 e o sábado 31 de outubro. Imos marcar un horario para cada curso, pero o importante é que participedes, polo que senón vos é posible na vosa hora, podedes conectarvos na que mellor vos vaia.

Venres, 30 de outubro:

1º: 17:00h

2º: 18:00h

3º: 19:00h

Sábado, 31 de outubro:

4º: 17:00h

5º: 18:00h

6º: 19:00

Para poder acceder premede sobre o seguinte enlace: https://zoom.us/j/96883810823?pwd=blp4TEJJMGFDK2VNWFFKbmVWdklYQT09

ID da reunión: 968 8381 0823

Contrasinal: Bailemos

Quedades tod@s convidad@s!!!

Agardamos que sexa do voso interés e animámosvos a gozar desta experiencia.

 

DÍA NON LECTIVO

Prezadas familias:

Recentemente recibimos a confirmación de que nos foi

aprobado como DÍA NON LECTIVO o vindeiro martes 13

de outubro, polo que non haberá clases ese día.

Desfrutade moito da ponte. 

 

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19

Bo día familias: compartimos con vós o Protocolo de Adaptación á Situación Covid-19 do noso centro, logo de incluír no mesmo as últimas instrucións do Protocolo da Consellería na súa versión do 16 de setembro de 2020.

Os aspectos máis relevantes do mesmo xa foron publicados con anterioridade, nesta web, no Progama de Acollida.

Para acceder ao arquivo adxunto, premede no título.

 

 

PROGRAMA DE ACOLLIDA

Prezadas familias: en primeiro lugar queremos darvos a benvida ao novo curso. Lamentamos a tardanza na publicación da información, pero tivemos que agardar ata o último momento polas instrucións da Consellería para compartir con vós a versión definitiva do Programa de Acollida.

No arquivo adxunto, atoparedes un resumo do Protocolo de Adaptación ao Contexto COVID, para o presente curso, en canto ás normas de organización e funcionamento do centro.

É importante que esteades pendentes da páxina web, que se convertirá na canle principal de información coas familias.

Coa colaboración de toda a comunidade educativa, estamos seguras de que sacaremos este curso adiante.

Apertas.

O Equipo Directivo.

VOLTAMOS AO COLE!!!

PREME SOBRE A IMAXE PARA PODER LELA.

MATRÍCULA CURSO 2020/21

Prezadas familias!!

Este ano por mor da alerta sanitaria o prazo de matrícula é do 1 ao 10 de xullo. Para axilizar este proceso pregámosvos que traiades ao colexio a documentación, os días 29 e 30 de xuño.

ATENCIÓN!! Este proceso só é para o alumnado novo que se incorpora no centro, no vindeiro curso.

Podedes descargar os impresos  nos seguintes enlaces ou nos ficheiros adxuntos.

 DOCUMENTACIÓN DA MATRÍCULA

IMPRESO DE MATRÍCULA

 PERMISO PARA BAIXARSE NA PARADA DE BUS

AUTORIZACIÓN RECOLLIDA PARADAS DE BUS

AUTORIZACIÓN IMAXE, SON E PROPIEDADE INTELECTUAL

PERMISO SALTO DAS FOGUEIRAS

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

                                                                                            A DIRECCIÓN DO CENTRO

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021

Prezadas familias!

Infórmovos de que saíu publicada a Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021.

Os prazos de presentación son do 20 de maio ao 19 de xuño, ambos incluídos. Pregámosvos que o vaiades facendo canto antes, para ter tempo suficiente para solventar calquera atranco que vos poida xurdir.

Cúbrese un único impreso para todas as axudas, libros e material e será unha única solicitude para tod@s @s fill@s que estarán matriculad@s no noso centro, no curso 2020/2021.

Este trámite farase vía electrónica, preferentemente, na sede electrónica. Para facer este trámite precisades a chave 365 ou o certificado dixital. Aproveito para recomendarvos que solicitedes estes certificados porque ídelo precisar para poder facer calquera trámite administrativo.

No caso de que vos sexa imposible facelo trámite telemáticamente, pódese presentar presencialmente. Para evitar calquera risco de contaxio e para facilitar os trámites, pedímosvos que descarguedes os anexos: ANEXO I e ANEXO II. Unha vez que os teñades cubertos, mandádenos as fotos das páxinas ao correo electrónico: cep.carlos.casares@edu.xunta.gal  No asunto poñede o nome e os apelidos d@ alumn@. Unha vez que os revisemos e que estea todo correcto, logo depositádelos na caixa de correos do cole, metidos nun sobre, co nome d@ alumn@ por fóra.

Unha aperta!!

A dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut