Skip to Content

Actividades Complementarias e Extraescolares

CHOCOLATE CON ROSCA

Despois de tanto bailar é hora de papaaaaar!! A Anpa convidounos a chocolate con rosca na hora do recreo para recuperar forzas despois do ranchiño e así poder continuar coas actividades de entroido. Tocarialle o turno á lectura do testamento, queima do meco e gran fariñada, pero por mor do mal tempo houbo que cancelalas todas, unha mágoa. Polo menos desfrutamos dun rico chocalete quentiño...

Álbum: CURSO 23-24 -> CHOCOLATADA

CIBERSEGURIDADE

Capitaneados polo mestre Pablo e os seus titores, Sonia e Fran, o noso alumnado do 3º ciclo demostrou que é o que máis sabe de seguridade na rede. Presentáronse a un concurso de ciberseguridade e que non sabedes que paso? Pois que GAÑARON!! Moi emocionados foron á final que tivo lugar en Santiago de Compostela, houbo moitos nervios e momentos algo tensos, pero mereceu a pena.

PARABÉNS CAMPIÓNS!!

(clicade na imaxe)

 

COMEZAMOS NOVO CURSO

Pouquiño a pouco volvemos á normalidade, cargadiños de actividades a realizar, pero antes de nada, dade unha voltiña pola nosa galería de fotos do ano pasado para facervos unha idea do todo o que vos a partires de agora!!!

Que teñades moi bo curso!!

Entroido meteorolóxico

Como cada ano a temática dos disfraces que elaboramos no CEP Carlos Casares están relacionados co proxecto anual. @s máis pequenos do cole, transformáronse nun dicionario, e levaban nas súas cabezas distintas formas para nomear á choiva. Unha vez máis quedamos abraiados coa riqueza lingüística do galego, nesta ocasión relacionada coa climatoloxía e a meteoroloxía.

Desta volta, tamén adaptamos a letra dunha coñecida canción, con alusión ao MeteoAlxén. Queres escoitala? Preme AQUÍ ou na icona debaixo da foto.

Logo do duro traballo da elaboración dos disfraces tamén desfilamos polas rúas de Salvaterra e actuamos ante o numerosísimo público que se achegou á Canuda para desfrutar dun día de troula.

 

MAGOSTO NA ESCOLA

1º SESIÓN DE COCIÑA

O día 5 de outubro inaugurouse a tempada de actividades extraescolares do curso 22 - 23.

Estes/as nen@s pasarán á historia por ser @s primeiros en usar o que será o comedor da escola. Estrean mesas, cadeiras, electrodomésticos, espazo, compañeir@s e mestras. Que sorte teñen!!!

A primeira recita que fixeron foi "Rolos de chocolate" e estaba deliciosa!!

BENVIDO ENTROIDO 2022

Un ano máis chegou a época de entroido. O noso alumnado xa está en pleno proceso de deseño, creación e produción dos disfraces que levará o vindeiro venres 25 de febreiro, queredes saber de que serán este nao? Pois non vos perdades o noso desfile que, este ano será un pouco diferente. Iremos polas parroquias de Porto, Cabreira, Arantei e Alxén!! Que ganas temos de que chegue ese día!!!

BAILE DE ENTROIDO

Bo día entroideiros e entroideiras! Como bos festeiros que somos, no CEP Carlos Casares, non queremos deixar pasar a oportunidade de compartir con todos vós o noso xa famoso baile de entroido. Este ano, tivemos que adaptar a celebración desta festa tan importante en Galiza ás novas circunstancias sanitarias, pero non por iso deixamos de pasalo xenial cumprindo coas tradicionais ordes do Meco, a lectura do testamento, a queima do Meco, a riquísima chocolatada e rosca que a ANPA nos prepara cada ano con tanto agarimo e, como non, a nosa esperada fariñada. Non puidemos elaborar os disfraces no cole, como viñamos facendo en cursos pasados, pero todos viñemos guapísimos da casa. Había de todo: agricultores, espantallos, velliñas... O complemento máis empregado foi o sombreiro de palla.

E, como non, a nosa sempre aclamada coreografía. Non vos imos a dar máis pistas xa que, vós mesmos a podedes disfrutar premendo na seguinte imaxe. Agradecemos ao mestre Miguel Ángel a montaxe do video. Esperamos que vos guste.

CLAUSTRO CEP CARLOS CASARES

SAÍDA DE FIN DE CURSO

Hoxe, día 21 de xuño foi o derradeiro día de curso. E coma todos os anos fomos de excursión para celebralo. Este ano tocou coñecer o interior de Galicia. Despois dunha longa viaxe en autobús, no que algún case morre de fame, (hai que ver de que xeito nos abren o apetito as excursións!!, non o podedes imaxinar...) e unha camiñata de polo menos 20km!! Bueno, seguro que non foron tantos pero a nós pareceunos, sobre todo á subida, chegamos á FERVENZA DO TOXA, espectacular!!

Despois visitamos o MOSTEIRO DE CARBOEIRO e baixamos á súa cripta. Alí os monitores explicáronnos que un cantante moi coñecido gravara un videoclip e ensinounolo ao saír. 

Despois de comer fomos visitar a PONTE DO DEMO onde nos contaron unha lenda moi curiosa sobre a súa orixe, e por último estivemos tomando un xeado e xogando nos columpios da Área de Lecer de Vila de Cruces.

Chegamos moi cansos e cansas pero mereceu a pena polo ben que o pasamos.

Agora queridos nenos e nenas, desfrutade moito do verán, xogade, ide a praia ou ao río, saltade, correde pero sobre todo,

SEDE MOI FELICES!!!

Vémonos en setembro, unha aperta moi forte para todos e todas.

 

XOGOS TRADICIONAIS EN MELGAÇO

Distribuir contido


by Dr. Radut