Skip to Content

English

LONDON "STRANGER THINGS"

Ola de novo, e benvid@s a un novo programa de radio saltamontes. Desta vez é o alumnado de 3ª nivel o que nos conta cousas moi curiosas sobre a capital de Gran Bretaña. Sabiades que ten un dos entroidos onde máis xente participa? E que nunha estación de metro está o carriño de Harry Potter? E que houbo un grandísimo incendio que queimou toda a cidade? A que non tiñades nin idea... Pois escoitade o seu programa que hai moitas cousas curiosas para descubrir...

                                                          BOA ESCOITA

 

THANKSGIVING DAY

Desta vez é o alumnado de 6º o que se pon aos micrófonos para contarnos cousas interesantísimas sobre o Día de Acción de Gracias e tamén sobre o día seguinte, que sabedes como se coñece a ese venres? Escoitade atentamente a ver se o descubrides!

 BOA ESCOITA

Comecocos

Bo día,

Esta semana os nenos e  nenas de  4º aprendimos vocabulario relacionado co Nadal en inglés. Para practicalo fixemos uns comecocos con debuxos e preguntas.

Somos uns artistas!

Estivemos a xogar ao comecocos en parellas. Mirade o ben que o facemos!

 

 
FELICES FESTAS!

PROGRAMA DE RADIO AULA DE INGLÉS

SE PREMES NA IMAXE PODERÁS ESCOITAR O PROGRAMA DE INGLÉS. 

HURRY UP!!!

 

AQUÍ TEDES UN ENLACE INTERESANTE PARA PRACTICAR INGLÉS

 

Se queres practicar o inglés

e non sabes como se di algunha palabra ou frase

podes probar a pedirlle a falantes de lingua inglesa

que chas digan.

Se non coñeces a ningún,

podes pinchar no seguinte enlace,

introducir a palabra ou frase a dicir,

escoller se queres que a diga un home ou unha muller,

escoller tamén con que acento a queres escoitar

e ademais tes moitas outras opcións coas que xogar.

 

http://www.oddcast.com/home/demos/tts/tts_example.php?sitepal

 

Se non funciona o enlace, cópiao e pégao no navegador.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut