Skip to Content

Libros texto

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO CURSO 23-24

Premendo AQUÍ podedes ver a listaxe dos libros de texto que se empregarán no curso 23-24

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Hoxe, día 12 de xullo,  publicamos no taboleiro interior do centro as listaxes definitivas do alumnado admitido no Fondo Libros.

  • As familias do alumnado de 3º as que só lle corresponden 4 libros deberán mercar os libros de matemáticas e de Lingua galega
  • Todas familias do alumnado de 3º que solicitaron o fondo libros teñen dereito ao libro de inglés.
  • As familias do alumnado 4º que presentaron solicitude non terán que mercar ningún libro por concedérselle o lote completo (5 libros)
  • As familias do alumnado de 5º e de 6º non precisarán mercar libros pola participación do centro no proxecto E-Dixgal (repartiráselle a cada alumno/-a un ordenador portátil ao comezo do curso). 

Lembrade que están a vosa disposición os vales de material e os vales para a adquisición de libros de texto para 1º e 2º, ata o venres 15 de xullo en horario de 10:30 a 14:00.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Segundo a ORDE do 29 de abril de 2022, pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto publicáronse, para a súa consulta, as listaxes provisionais do fondo libros no taboleiro interior do centro.


Tamén vos informamos de que xa tedes á vosa disposición os vales de libros de texto (1º e 2º) e os vales de material (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º) que podedes recoller na secretaría do centro ata o vindeiro día 15 de xullo en horario de 10:30 a 14:00.

A listaxe definitiva de admitidos no fondo libros  será publicada no taboleiro interior do centro, o 12 de xullo.

 

 

 

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2022-2023

No arquivo adxunto poderedes atopar a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso. En 5º e 6º de primaria non haberá libros por estar no programa E-DIXGAL

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2022/2023

Informámosvos de que saíu publicada a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/2023.

Os prazos de presentación son do 19 de maio ao 22 de xuño, ambos incluídos.

Cubrirase un único impreso para todas as axudas (libros e material) e será unha única solicitude para tod@s @s fill@s que estarán matriculad@s no noso centro, no curso 2022/2023.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta. es/fondolibros) ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de maneira  presencial  na secretaría do centro, previa petición de cita.

Nos arquivos adxuntos atoparedes os anexos a cubrir e información de interese.

Ante calquera dúbida poñédevos en contacto co centro.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO LIBROS

Hoxe, día 9 de xullo,  publicamos no taboleiro interior do centro as listaxes definitivas do alumnado admitido no Fondo Libros.

  • As familias do alumnado de 3º as que só lle corresponden 4 libros deberán mercar os libros de matemáticas e de inglés
  • As familias do alumnado 4º que presentaron solicitude non terán que mercar ningún libro por concedérselle o lote completo (6 libros)
  • As familias do alumnado de 4º que non presentaron solicitude non terán que  mercar libros por haber existencias suficientes no centro para prestarllos.
  • As familias do alumnado de 5º e de 6º non precisarán mercar libros pola participación do centro no proxecto E-Dixgal (repartiráselle a cada alumno/-a un ordenador portátil ao comezo do curso). 

Lembrade que están a vosa disposición os vales de material e os vales para a adquisición de libros de texto para 1º e 2º. Ampliamos o prazo de recollida ata o martes 13 de xullo en horario de 10:30 a 13:30.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE FONDO LIBROS

Segundo a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto publicáronse, para a súa consulta, as listaxes provisionais do fondo libros no taboleiro interior do centro.

O alumnado de 4º non precisará mercar libros por haber existencias suficientes no centro para prestarllos a todo o alumnado dese curso.


Por último, informarvos de que xa tedes á vosa disposición os vales de libros de texto (1º e 2º) e os vales de material (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º) que podedes recoller na secretaría do centro ata o vindeiro día 9 de xullo en horario de 10:30 a 13:30.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022

No arquivo adxunto poderedes atopar a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso. En 5º e 6º de primaria non haberá libros por estar no programa E-DIXGAL

LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO LIBROS

 

Hoxe, día 15 de xullo,  publicamos no taboleiro interior do centro as listaxes definitivas do alumnado admitido no Fondo Libros.

 

  • As familias do alumnado de 3º e de 4º deberán mercar só aqueles libros que NON se lle adxudicaron nas listaxes.

 

  • As familias de 3º con 4 libros adxudicados deberán mercar os libros de matemáticas e de inglés.

 

  • As familias de 4º con 1 libro adxudicado terán que mercar todos menos o libro de inglés.

 

  • As familias de 4º con 2 libros adxudicados terán que mercar  os libros de ciencias da natureza, lingua castelá, lingua galega e matemáticas.

 

  • As familias de 4º con 4 libros adxudicados terán que mercar  matemáticas e ciencias da natureza.

 

  • O alumnado de 5º  non precisará mercar libros debido á entrada do centro no proxecto E-Dixgal.

 

  • As familias de 6º que presentaron solicitude non terán que mercar ningún libro por haber existencias suficientes para todos no Fondo.

Lembrade que están a vosa disposición os vales de material e os vales para a adquisición de libros de texto para 1º e 2º.

O horario de consulta e de recollidada de  vales será de 10:30 a 13:30 os días 16 e 17 de xullo.

 

INFORMACIÓN FONDO LIBROS CURSO 20/21

 

As familias que solicitastes:

 

  • Axudas para adquirir libros de texto ( 1º e 2º )

  • Axudas para adquirir material escolar (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º)

  • A participación no fondo solidario de libros de texto (3º, 4º e 6º)

 

Podedes pasar polo colexio para comprobar, no taboleiro interior, se estades admitidos no fondo libros e recoller, de ser o caso, os vales de material e de libros.

 

O horario de consulta e de recollida de vales será de 10:30 a 13:30 os días 13, 14, 15, 16 e 17 de xullo.

 

As listaxes provisionais foron publicadas o día 9/07/2020

 

As listaxes definitivas serán publicadas o día 15/07/2020

 

Distribuir contido


by Dr. Radut