Skip to Content

Club de ciencia

CLUB DE CIENCIA 22-23

Un ano máis seguimos aprendendo moitas cousas sobre o espazo que nos rodea grazas ao club de ciencia. Cada ano nos gusta máis esto de facer experimentos...

Panel interactivo

No proxecto de estudo da vida e obra do padriño da aula, Xosé Neira Vilas, o alumnado de 6º montaron un panel interactivo no que a información estaba en distintos formatos: escrita, ilustrada, e con audios. Para reproducir os audios é eciso pulsar nunhas zonas ás que chegan unha cinta condutiva, que activa unha placa arduíno. Os audios foron gravados polo propio alumnado co Audacity. 

Unha vez rematado o cartaz tiveron que facer a exposición ao resto do alumnado do colexio.

Construción do coche eléctrico

Na unidade didáctica da enerxía e as máquinas tiveron que construír un coche eléctrico. Como mínimo tiñan que conseguir que se movera, partindo dun circuíto simple: unidade fonte de enerxía, interruptor, motor e cable. O resto de rúbrica ata conseguir decidírono entre tod@; luces, son, traballo en equipo e orixinalidade. Logo tiveron que expoñelo ao resto dos cursos.

Compoñentes tóxicos que contén o tabaco

Para traballara  prevención do consumo de substancias nocivas, estudamos os compoñentes que contén un cigarro. Cada alumno tivo que facer un traballo de investigación sobre unha das substancias tóxicas que contén un cigarro. Con este experimento puideron observar como queda e cheira o algodón cando se fai consumir un cigarro polo cambio de presión nunha botella.

Quedaron totalmente impresionad@s.

 

Ciclo da auga

Para poder observar os cambios dos estados da auga e extrapolalo ao ciclo da auga, o alumnado de 6º fixeron este experimento na aula. Para este traballo explicóuselle a un nen@ de cada grupo que será o mentor do seu grupo. Logo na casa tiveron que gravar un vídeo explicando o experimento, que posteriormente tiveron que colgar na actividade subida no EVA. Con este produto pretendíase traballar os dous aspectos: científico e competencia lingüística.

Descalcificación dos ósos

O propósito deste experimento é observar os efectos do vinagre nos ósos. Os ósos que conteñen calcio a menudo reaccionan de xeito interesante ao ser incubados en vinagre. Este experimento pode demostrar o motivo polo cal é importante consumir suficiente calcio e o que pasa cando un óso perde cantidades significativas de calcio. No experimento do calcio dos ósos de polo, imos comprobar a función do calcio nos ósos.

Fundamento teórico:
• O ser humano está formado por multitud de comp0stos que desempeñan unha función específica e vital para o mesmo, por exemplo, o calcio posúe a función estrutural (dureza dos ósos).
• O calcio constitúe o 75% da composición do óso, a descalcificación afecta a esta cifra convertendo ao óso nunha especie como de goma suave e maleable.

 

Maqueta dun brazo

O alumnado de 6º, na unidade didáctica da anatomía humana tiveron que crear unha maqueta dun brazo. Na maqueta había que representar a acción dos músculos agonistas e antagonistas do brazo. Ao contraerse o bíceps o tríceps está relaxado e cando se contrae o tríceps o bíceps reláxase. Tamén deberán demostrar como cando un músculo se contrae acúrtase e cando se relaxan ou se estiran os músculos alónganse.

 

 

 

CIENCIA EN MOVEMENTO

Dentro do programa Club de Ciencia ao que pertencemos, tivemos a sorte de contar coa visita de Suso e a súa compañeira de CIENCIA EN MOVEMENTO. Cada vez que veñen aprendemos e divertímonos un montón cos seus experimentos e inventos. 

Na súa primeira visita nos falaron das mulleres científicas que fixeron grandes aportacións e bos inventos para todos.

Na súa segunda visita, fixemos mover as aspas dun mini muíño co vapor de auga e creamos unha copa de herón. Non sabedes o que é, pois pasádevos pola nosa galería de fotos para ver o ben que o pasamos.

A AUGA NO PATRIMONIO CULTURAL DA CONTORNA

Dende o club de ciencia imos facer experimentos relacionados coa auga, xa que sen auga ningún dos elementos aos que se adica este proxecto terían sentido.

A auga ocupa as tres cuartas partes do planeta, forma parte dos seres vivos, está constituída por hidróxeno e osíxeno H2O.

Dende o club de ciencia queremos que o alumnado experimente facendo. Daremos estas pautas para ser científico, e son:

 

1º Experimento:

CICLO DA AUGA

Con este experimento queremos visualizar o ciclo da auga, dende a aula experimentamos os pasos como a evaporación, a condensación e a precipitación dentro dunha cunca. A partires deste experimento faremos cambios e con eles predicións, tomaranse notas e compararemos.

Materiais:

*auga a ferver

*sal

*colorante alimentario

*film transparente (de cociña)

*culler

*cunca grande de vidro

*vaso chupito ou cunca pequena

*xeo

Pasos:

1.- Nunha cunca grande botamos o sal e o colorante alimentario.

2.- Botamos auga a ferver (será o/a mestre/a que faga este paso), remexemos.

3.- Colocamos no centro da cunda o vaso chupito ou cunca pequena.

4.- Tapamos axiña a cunca grande co film transparente, coida quitar un pouco de aire, senón fai globo.

5.- Colocamos o xeo no centro do film transparente.

Agora toca esperar. Que pasará? Choverá dentro da cunca? Como será a auga? Terá cor? Estará salgada?

 

 

CLUB DE CIENCIAS 2020/2021

UN ANO MÁIS, PASÁMOLO DE MEDO  FACENDO NOVOS EXPERIMENTOS.

NO ARQUIVO ADXUNTO, ATOPAREDES UNS EXEMPLOS DAS MOITAS COUSAS QUE FIXEMOS.

DISFRUTADE.

Distribuir contido


by Dr. Radut