A AUGA NO PATRIMONIO CULTURAL DA CONTORNA

Dende o club de ciencia imos facer experimentos relacionados coa auga, xa que sen auga ningún dos elementos aos que se adica este proxecto terían sentido.

A auga ocupa as tres cuartas partes do planeta, forma parte dos seres vivos, está constituída por hidróxeno e osíxeno H2O.

Dende o club de ciencia queremos que o alumnado experimente facendo. Daremos estas pautas para ser científico, e son:

 

1º Experimento:

CICLO DA AUGA

Con este experimento queremos visualizar o ciclo da auga, dende a aula experimentamos os pasos como a evaporación, a condensación e a precipitación dentro dunha cunca. A partires deste experimento faremos cambios e con eles predicións, tomaranse notas e compararemos.

Materiais:

*auga a ferver

*sal

*colorante alimentario

*film transparente (de cociña)

*culler

*cunca grande de vidro

*vaso chupito ou cunca pequena

*xeo

Pasos:

1.- Nunha cunca grande botamos o sal e o colorante alimentario.

2.- Botamos auga a ferver (será o/a mestre/a que faga este paso), remexemos.

3.- Colocamos no centro da cunda o vaso chupito ou cunca pequena.

4.- Tapamos axiña a cunca grande co film transparente, coida quitar un pouco de aire, senón fai globo.

5.- Colocamos o xeo no centro do film transparente.

Agora toca esperar. Que pasará? Choverá dentro da cunca? Como será a auga? Terá cor? Estará salgada?