CEP Carlos Casares

Inicio

Contidos

Contidos

Iniciar sesión

  • Solicitar un novo contrasinal

Blogue Segundo ciclo

OS NOSOS ANIMAIS FAVORITOS

Por admin
23/05/22

O alumnado de terceiro estivo coma tolo investigando sobre diferentes animais. Cada un/ha tivo que escoller un animal para facer unha pequena descrición del. Escolleron animais do máis variopinto. Serpe de cascabel diamantina, o coello, o gato e moitos máis... Escoitade

BOA ESCOITA

Etiquetas:

A AUGA NO PATRIMONIO CULTURAL DA CONTORNA

Por admin
20/05/22

Como o proxecto de centro deste curso é sobre a auga e cousas relacionadas con ela, pontes, fervenzas, muíños... o alumnado de valores do 3º nivel fixo un traballo de investigación sobre todo ese tema. Buscaron adiviñas, refráns e cantigas que tiveran como tema principal a auga e ademáis deseñaron un pequeno dicionario de imaxes coas súas correspondentes definicións. se vos apetece, poderedes consultalo na biblioteca do centro.

Etiquetas:

ESPECIAL DEPORTISTAS

Por admin
29/03/22

Desta volta o alumnado de terceiro nivel púxose en modo investigación para averiguar cantos deportistas temos na escola e que deportes practican e descubriron unha chea deles. Logo de facer unha escolma, quedaron cun capoeirista, unha nadadora, unha bailarina e un xogador das categorías inferiores do RC Celta de Vigo.

Como broche final do seu programa contactaron cun xogador de hockey profesional!!

Queredes saber quen son os nosos deportistas? Pois prestade atención...

BOA ESCOITA

Etiquetas:

SAÍDA POLO CONCELLO

Por admin
24/03/22

O 2 de decembro do 2021 o alumnado do segundo ciclo, acompañado dos seus mestres e mestras, fixo unha pequena excursión a Salvaterra co obxectivo de coñecer os servizos municipais. Nela visitaron o Concello, Correos e o Museo do Viño ubicado nas Covas de Dona Urraca. No concello sabedes quen os recibiu? Marta, a mesmísima alcaldesa!! e ademáis tiveron a oportunidade de que Mariano, un dos policías locais lles contase un pouco máis polo miúdo cales eran as súas funcións.

Pasárono de marabilla como dan boa conta as fotos que sacaron. Botádelles un ollo.

Etiquetas:

NOTTING HILL

Por admin
22/03/22

O alumnado de 4º nivel seica nos saíu entroideiro! Non lle chegou co entroido que celebramos na escola hai unhas semanas que se foi a Londres da man do mestre Xan, a buscar outro entroido, pero sabedes o mellor, que o atoparon! E ademais en agosto! Queredes saber máis? Pois prestade atención...BOA ESCOITA

 

Etiquetas:
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • seguinte ›
  • última »
máis


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013