Contidos
Terceiro
Chegaron as tan merecidas vacacións despois dun curso de moito traballo e aprendizaxes. Aquí vos deixamos algunhas recomendacións de libros e xogos para gozar do verán. Escollede as que máis vos interesen sen peder o fermoso hábito da lectura. BOAS VACACIÓNS A TODOS/AS!!!
O alumnado de 1º leu “Violeta ás agachadas” de Ramón D.Veiga, autor que visitou o noso centro no mes de abril. Despois recrearon o seu propio libro coa axuda das familias e a mestra Eva. Mirade que chulada!!!!
O xoves 25 de abril visitou o noso centro Ramón D. Veiga. Os nen@s do primeiro ciclo leron dous libros del: os de primeiro leron “Violeta ás agachadas” e os de segundo escolleron “A miñoca e o coello”.
Foi un día marabilloso no que os nen@s fixeron o seu nome con miñocas. Ramón tamén nos falou de Violeta, a súa filla, xa que moitos dos seus libros están inspirados nas súas vivenzas.
Pasádevos pola nosa galería de fotos.
O 8 de maio foi un día moi especial no CEP Carlos Casares xa que contamos coa visita de PAULA CARBALLEIRA a escritora de “13 avisos”, o libro que lemos en 3º, 4º, 5º e 6º.
Paula contounos unha historia sobre como asustaba aos seus irmáns cando eran pequenos. Facíao tan ben e era tan expresiva que non podiamos para de rir. Que ben o pasamos!
Despois de compartir a mañá con Paula Carballeira podemos definila como unha persoa moi simpática, amable e cercana. A súa maneira de contar historias é única.
Clicade aquí para ver o álbum de fotos dese día.
O 2 de maio foi o Día Mundial contra o acoso escolar, un grave problema que afecta a moitos nenos e nenas en todo o mundo. As consecuencias do acoso a longo prazo son preocupantes, sobre todo a nivel psicolóxico. Nenos/as que non queren ir á escola por non ter que enfrontarse ao seu acosador/a ou acosadores, nenos e nenas que teñen terrores nocturnos e non poden durmir a consecuencia do acoso ou bullying e nenos e nenas que atentan coa súa vida polo moito que sofren.
Dende o CEP Carlos Casares queremos erradicar esta lacra concienciando á comunidade educativa traballando o acoso a nivel de centro. O alumnado de 3º de Relixión traballou nun programa de radio especial Día do acoso e os colaboradores seleccionaron e recomendaron libros dende a biblioteca para tratar o tema. Ademais traballamos de 3º a 6º a curtametraxe “El sánwich de Mariana”.
Todos os anos arredor do día do libro visitan o cole un autor e unha autora galega . Desta volta os elexidos son RAMÓN D. VEIGA E PAULA CARBALLEIRA. Esperámolos con moita ilusión.
Coa chegada do bo tempo quitamos os libros para ler á sombra das árbores do centro. Son os colaboradores da biblioteca os encargados da elección dos libros así como de sacar a caixa e a cesta coas mantiñas e coxíns.
Clicade na imaxe para acceder á galería de fotos desta actividade
O pasado día 21 de marzo foi o Día mundial da poesía. Dende a biblioteca propúxose que ese día o alumnado elixira un poema e subira a emisora a recitalo. O alumnado colaborador da biblioteca foi o encargado de montar o recanto con libros de poesía e asesorar aos máis pequenos na escolla dos poemas. O alumnado de 1 nivel emitiu un programa de radio especial “Día da poesía”.