Contidos
Terceiro
O pasado 9 de marzo, no CEP Carlos Casares gozamos duns obradoiros sobre grandes científicas pioneiras da man de Ciencia en movemento.
Así, tivemos a oportunidade de descubrir como o labor de moitas científicas se veu ensombrecido, e en moitos casos arrebatado polos seus compañeiros, cando ser home era un mérito dentro do curriculo vitae.
Así, xunto con Ana e Suso viaxamos ao longo do tempo e do espazo coñecendo a numerosas mulleres pioneiras, algunhas sobre as cales nos gustaría deixarvos por aquí algunhas curiosidades.
Comezamos este traxecto moi lonxe de aquí, chegando ata o século IV, e coñecendo a Hipatia de Alexandría, reputada científica, filósofa e mestra; que entre moitísimas outras descubertas, inventou un hidrómetro para medir a densidade dos líquidos, e co que puidemos experimentar en diferentes fluídos.
E volvendo á idade contemporánea , descubrimos a Rosalind Franklin, a muller que obtivo as primeiras imaxes do ADN desvelando a súa estrutura da dobre hélice, traballo que aproveitaron os seus compañeiros (Watson, Crick e Wilkinds) e que lles valeu un premio Nobel.
Non moi lonxe de Rosalind Franklin, atopábase Hedy Lamarr quen decidiu dar un salto a América, converténdose nunha estrella de Holliwood cunha vida digna de película. Franklin actuou en numerosísimas películas e combinou a súa faceta artística coa científica, sendo a descubridora da primeira versión do que hoxe en día coñecemos como WIFI.
Paralelamente, na outra punta da costa estadounidense, atopamos ás calculistas traballando na NASA, un grupo de mulleres encargadas de realizar diferentes cálculos matemáticos. Entre estas destaca Katherine Jonnson, responsable de operacións tan importantes como as que permitiron a chegada do Apolo XI á lúa. Existe un filme sobre ela, Figuras ocultas, que recomendamos ver en familia para coñecer a historia destas fantásticas mulleres.
Mención especial revisten as pioneiras galegas, entre as que destaca Ángeles Alvariño, a primeira muller científica cun buque oceanográfico e descubridora de moitísimas especies mariñas; ou Begoña Vila que na actualidade traballa no sensor Fine Guidance Sensor para o telescopio espacial James Webb, que será o sucesor do Hubble e o Spitzer.
Alén de achegarnos a estas mulleres e moitas outras pioneiras, tamén tivemos a oportunidade de experimentar a pequena escala fenómenos como a transmisión das ondas, a distancia entre a Terra e a Sol, o fin do astro solar... así como analizar e reflexionar sobre moitas cuestións que abranguen ao noso planeta e a nós como especie humana. E sobre todo tivemos unha estupenda ocasión para bombardear a preguntas a Ana e Suso, que moi gustosos satisfacían a nosa curiosidade científica.
Aproveitamos para deixarvos por aquí algúns recursos recomendados por Suso e Ana para achegarnos máis ás pioneiras e á ciencia, e que nos veñen fenomenal estes días para comentar en familia:
- Un vídeo moi interesante de Javier Santaolalla sobre as singularidades da lúa: https://www.youtube.com/watch?v=vZZSyVyo3dQ
- Unha banda deseñada elaborada pola Universidade de Sevilla que recolle a vida de cinco investigadoras do pasado e do presente, e que se pode descargar de xeito gratuíto no seguinte enlace: http://institucional.us.es/cientificas/sdm_downloads/comic-resolucion-media/
Por último, deixamosvos un vídeo resumo e un enlace por se queredes ver as fotos do obradoiro: https://photos.app.goo.gl/1FVTEHMmXRaVEGM5A
O 31 de xaneiro, con motivo do día da Paz, o alumnado de 3º preparamos un programa na clase de relixión. Nel reflexionamos sobre que é a paz, quen a constrúe e porque é tan importante.
POR FIN CHEGOU O GRANDE DÍA!!!!! DESFILAMOS COS NOSOS TRAXES POLAS RÚAS DE SALVATERRA XUNTO CO CRA A LAGOA E O CEIP DE LEIRADO ATA O PARQUE DA CANUDA.
DEPOIS A ANPA DEUNOS O BOCATA DE NOCILLA QUE ESTABA MOI BO, QUEIMAMOS A MECA QUE ESTE ANO FIXO O NOSO COLE E ACTUAMOS.
MIRADE QUE GUAPOS ÍAMOS!!!!!!!
Durante esta última semana tivemos que alternar disfraces con murais de Rosalía. O día 24 de febreiro é o día de Rosalía pero... estamos de vacacións de entroido. A pesar de andar apurados cos disfraces quitamos un pouco de tempo para conmemorar o Día de Rosalía. Traballamos sobre a proposta de Escritores e escritoras en Lingua Galega baixo o lema ERRANTES POLO MUNDO.
Os alumnos/as buscaron debuxos e trouxeron fotos relacionados coas migracións en todos os seus aspectos (a soidade de quen fica, a morriña de quen vai, a dor, o medo, ...) e despois puxeron como pé de foto versos de Rosalía.
MURAL DE 1º E 2º NIVEL
MURAL DE 3º E 4º NIVEL
Encheron o corredor de fotos e escribiron os poemas na cara de Rosalía.
Situaron fotos de familiares nos lugares onde se atopan e escribiron os poemas de Rosalía nos barcos.
ç
MURAL DE 5º E 6º NIVEL
Fixeron unha exposición de moedas, billetes e postais dos lugares onde se atopan migrados familiares.
Unha das festas más agardadas no noso colexio é o ENTROIDO. Os nosos disfraces é un segrego que non vos podemos desvelar ata o día do desfile. Agardámosvos o 21 de febreiro polas rúas de Salvaterra. Para ir facendo boca, partillamos con vós os traballos que fixemos para decorar as nosas corticeiras. Gústanvos?
COMO CADA ANO ESTE CENTRO PARTICIPA NA ACTIVIDADE DE REPARTO E CONSUMO DE FROITA FRESCA. SOLICITÁRONSE DOUS PERÍODOS PERO SÓ SE NOS CONCEDEU UN.
ESTA ACTIVIDADE LEVARASE A CABO ENTRE OS DÍAS 3 E 14 DE FEBREIRO, AMBOS INCLUSIVE.
PARA LER A RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA, PREME SOBRE A IMAXE.
Boa tarde!
Como sabedes, o pasado mes, visitáronnos á escola o querido Apalpador e os Reis Magos de Oriente. Deixámosvos por aquí un pequeno vídeo así como as cartas que o nos nenos e nenas tivemos a oportunidade de lerlle as súas maxestades (ordenadas de 1º a 6º curso).
O APALPADOR
CARTAS AOS RR. MM.
Boa tarde!
Hoxe traémosvos un pequeno resumo das actuacións do Festival de Nadal e máis abaixo deixamos uns enlaces para as persoas interesadas en visualizar ou descargar as distintas actuacións.
Desde Radio Saltamontes desexámosvos un Bo Nadal e próspero ano 2020. Desfrutade moito destas datas cos vosos seres queridos e... escoitámosnos á volta!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »