Skip to Content

Blog da biblioteca

RECOMENDAMOS LIBROS 2

Bo día nenos/as!!!!! Gustáronvos os libros da semana pasada???? Propoñémosvos que fagades debuxos , resumos, manualidades... relacionados cos libros que léstedes e llas enviedes ás vosas titoras. Despois colgarémolas no blog da biblioteca. ANIMÁDESVOS!!!!

 

Agradecemos a Óscar María Barreno que nos deixa parte dos seus libros para ler gratuitamente. Pulsade na súa fotografía e escollede o que máis vos guste.

 

  

 

 

 

Deixámosvos ademais estes outros. Un bico e moito ánimo que xa queda menos.

                    

 

 

 

 

 

Libros en formato dixital desde as bibliotecas galegas

Boa tarde queridas familias e alumnado!

Desde a biblioteca do CEP Carlos Casares queremos achegarvos a decisión da rede de bibliotecas públicas de Galicia de permitir o rexistro de novos usuarios desde casa.

Así, aquelas persoas que non sodes socias dalgunha biblioteca pertencente a esta rede, teredes agora a oportunidade de rexistrarvos e acceder desde calquera dispositivo móbil ao catálogo que ofrecen desde a app EBiblio, con moitísimas novidades e  unha ampla variedade editorial.

Unha maneira estupendísima de inverter o tempo de lecer, con lecturas de calidade adaptadas as nosas preferencias literarias.

Para iso só precisamos seguir os pasos descritos no seguinte enlace: https://www.galiciale.gal/index_es.html

Boa lectura!

 

DÍA MUNDIAL DA RADIO: A DIVERSIDADE

Vimos hoxe desde Radio Saltamontes cun programa que emitimos o 13 de febreiro, día mundial da radio.

Este programa foi pilotado polo alumnado de 5º e 6º curso e xirou en torno á diversidade. Que palabra tan bonita e enriquecedora verdade? E resulta que hai tanta diversidade como cousas podemos ver, tocar, sentir… pero no noso programa centrámonos en 3 eidos fundamentais.

En primeiro lugar falamos da diversidade cultural, e máis especificamente da diversidade lingüística. En Galicia isto da diversidade lingüística sóanos un chisquiño, pero ademais este ano grazas ao Proxecto Rush, tivemos a oportunidade de coñecer a riqueza lingüística doutros puntos de Europa. 

En segundo lugar, falamos sobre as familias diversas, porque familias hai moitas, case tantas como casas. No primiero trimestre tivemos a sorte de contar cunha exposición no centro titulada “Familias no hay más que muchas” da que aprendemos un montón sobre outros tipos de familias.Con relación a este tema, aproveitamos para recomendarvos desde aquí o libro “Familiario” de Marian Pérez-Duarte, e que aquelas familias socias da rede de bibliotecas de Galicia, poderedes desfrutar desde a súa app gratuíta eBiblio.

Por último e para rematar o programa, falamos da diversidade sexual, un termo que vén a dicir que existen moitas maneiras de sentirse e de expresarse, e que o máis importante e estar agusto con cada un/ha de nós, e por suposto, respectar sempre as preferencias dos demais.

Esperamos que vos guste moito o programa e que aprendades tanto coma nós aprendemos traballando nel.

 

BOA ESCOITA!

RECOMENDAMOS LIBROS

 

De todos/as é sabido a importancia da lectura diaria e, dada a situación de emerxercia que estamos a vivir, na que non podemos saír da casa, que mellor maneira de pasar o noso tempo de lecer que lendo un libro.

 

A EDITORIAL WEEBLE ofrecenos libros gratuitos para descargar ou para ler en liña. Preme no debuxo e mergúllate nun mundo máxico!!!.

 

 

Desde a biblioteca recomendámosvos estes libros que poderedes ler premendo na imaxe. 

         ESPERO QUE VOS GUSTEN. A PRÓXIMA SEMANA MÁIS. 

 

 

 

 

  


 

 

 

 

 

 

  

 

 

                         

 

O NOSO PADRIÑO DE AULA: XOSÉ NEIRA VILAS

Bo día!

O 24 de xaneiro o alumnado de 6º emitimos un programa sobre o noso padriño de aula: Xosé Neira Vilas. Nel repasamos algúns datos interesantes sobre a súa vida e obra e lemos algún fragmento que de seguro vos é coñecido.

 

 
Boa escoita!

DÍA DE ROSALÍA

 

 Durante esta última semana tivemos que alternar disfraces con murais de Rosalía. O día 24 de febreiro é o día de Rosalía  pero... estamos de vacacións de entroido.  A pesar de andar apurados cos disfraces quitamos un pouco de tempo para conmemorar o Día de Rosalía. Traballamos sobre a proposta de Escritores e escritoras en Lingua Galega baixo o lema ERRANTES POLO MUNDO.

Os alumnos/as buscaron debuxos e trouxeron fotos relacionados coas migracións en todos os seus aspectos (a soidade de quen fica, a morriña de quen vai, a dor, o medo, ...) e despois puxeron como pé de foto versos de Rosalía.

 

MURAL DE 1º E 2º NIVEL

 

 

MURAL DE 3º E 4º NIVEL

Encheron o corredor de fotos e escribiron os poemas  na cara de Rosalía.

Situaron fotos de familiares nos lugares onde se atopan e escribiron os poemas de Rosalía nos barcos. 

ç

 

 MURAL DE 5º E 6º NIVEL

Fixeron unha exposición de moedas, billetes e  postais dos lugares onde se atopan migrados familiares.

 

 

RECOMENDACIÓN: GALEGAS ENTRE FOGÓNS

 

Comezamos o ano cunha nova recomendación para organizar o 2020,  xa que o Observatorio da Mariña pola Igualdade presentou o pasado mes a nova edición da súa axenda, e que non pode casar mellor co noso proxecto anual. Así pois, trátase de Galegas entre fogóns, unha escolma de mulleres destacadas da cociña galega que se fixeron un oco no mundo gastronómico. A ilustración da portada é de Iria Ribadomar e está inspirada nos azulexos da cociña da súa avoa, e a nós; alén das nosas cociñas, lémbranos inevitablemente aos azulexos que engalanaron o comedor do noso salón de actos.

 

Deixámosvos aquí algúns puntos de venda: 

Aira das Letras (Allaríz)
Bico de Grao (Lugo)
Casa das Letras (Ribadeo)
Eco Espazo Vitrol (Sarria)
Libraría Bahía (Foz)
Libraria Lila de Lilith (Compostela)
Libraría Paz (Pontevedra)
Libraría Suevia (A Coruña)
Libraría Trama (Lugo)
Moito Conto (A Coruña)
Nobel Espazo Lector (Burela)
Papelería Cartafol (Arzúa)
Porta da Vila (Viveiro)
Punto e coma (Carballo)
Punto e coma (Ourense)

 

 

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL

Desde a biblioteca do CEP Carlos Casares desexámosvos un  Bo Nadal e unhas festas moi felices e deixámosvos unhas recomendacións aproveitando que o Apalpador está á volta da esquina!

 

 

BO NADAL!

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Hoxe, día 8 de outubro realizouse no patio da escola o acto de inauguración da biblioteca

escolar. Actuaron como pregoeiras Isabel, Gema e Maite e como tamborileiro Javier.

 

 

 

 

 

 

 

 

A partires de hoxe, a biblioteca estará aberta para intercambio de libros os recreos dos martes e dos xoves!

Que os libros vos acompañen!!

Distribuir contido


by Dr. Radut