Skip to Content

Blog da biblioteca

MOCHILAS VIOLETAS

Durante o mes de marzo co motivo da celebración do Día da muller, o 8 de marzo, puxemos en marcha a actividade MOCHILAS VIOLETAS. Cada curso tivo na súa aula unha mochila violeta formada por diferentes libros relacionados coa temática e un xogo de "Adiviña quen é quen..." para traballar na aula.

Pasade pola nosa galería de fotos para ver as imaxes.

 

Álbum: CURSO 22 -23 -> MOCHILAS VIOLETAS

DÍA DA POESÍA

O pasado día 21 de marzo foi o Día da poesia e do Síndrome de Down... O alumnado de 3º curso de Relixión foi á emisora a anunciar ditas datas e a recitar diferentes poemas de diferentes autores elexidos por eles mesmos co asesoramento dos colaboradores da biblioteca.

CLUB DE LECTURA

No mes de novembro deu comezo o club de lectura. Xuntámonos un grupo de alumnos e alumnas de 6º de educación primaria, a mestra Silvia e a mestra María. Foi un día divertido, falamos dos libros que cada un está a ler e outras lecturas que xa lemos. Libros que nos gustaron moito e outros que non tanto. Todos estamos a ler manga!!! A mestra María e a mestra Silvia faláronnos de lerlle aos máis pequenos do cole e emocionámonos tanto que falamos de representalos como se fose unha obra de teatro. Eleximos os libros de El Hematocrítico posto que este autor visitou o noso cole o ano pasado e na nosa biblioteca contamos con varios exemplares.

Falamos tamén das normas do club de lectura.

O 25 de xaneiro tivemos a 2ª xuntanza. Dividímos en 4 grupos de 5 nenos e nenas. Cada grupo elixiu un libro segundo os seus gustos e preferencias e, en sucesivas reunións (mensuais), fomos comentando os libros e facendo unha breve análise do seu contido comparándoos cos contos clásicos. A virtude de ler diferentes títulos radica en que a través de análises e valoracións dos compañeiros/as, sedúcese ao resto de lectores para que tamén lean ese título.

Falamos das datas en que lle íamos ler ao alumnado de 1º e 2º nivel estes libros, promovendo así o gusto pola lectura. Foi todo un éxito, pois ao final animámonos toda a clase. Eliximos os libros de El Hematocrítico que lles imos ler aos máis cativos do cole. Lemos "Alcaldesa Vermella", "Rapunzel con piollos", "Misión princesa" e "Vaia cabuxiño". O 10 de marzo lémoslle "Alcaldesa Vermella" e o 17 de marzo "Rapunzel con piollos". Ademais, un alumno de 5º nivel fixo un teatrillo con marionetas.

Pasade pola nosa galería de fotos para ver as imaxes deses días.

Álbum: CURSO 22 -23 -> CLUB DE LECTURA

SEMANA DA PRENSA

A semana do 6 ao 10 de marzo foi a Semana da Prensa. O noso alumnado púxose na pel dos reporteiros máis intrépidos e redactaron estas noticias. Esperamos que vos gusten, de seguro que temos entre nós algún periodista famoso.

FEBREIRO NA BIBLIO

Este mes de febreiro está cargadiño de festividades polo que a nosa biblioteca ten recantos con libros acordes ás distintas conmemoracións: o 11 de febreiro foi o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, o 14, o día do amor e da amizade, o 23 de febreiro foi o Día de Rosalía e, ademáis houbo un recanto especial adicado ao Entroido.

Gozade da selección de libros e que teñades unha feliz lectura!

EXPOSICIÓN DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro foi o Día Mundial da Paz e Non Violencia. Na biblioteca tivemos un recanto de ibros relacionados coa temática.

O alumnado de 2º coloreou un póster colaborativo e o alumnado de 1º nivel traballou o conto "Wangari e as árbores da paz". Mirade que ben lles quedou!!

 

Ademais, todo o alumnado participou na creación dun mural que leva por título "TODOS SOMOS FOLERPAS DE NEVE: ÚNICAS E DIFERENTES" no que cada neno e nena tiña que escribir un adxectivo bonito que calificara aos seus compañeiros de aula. Despois, todos eses papeis cos adxectivos que describen a cada alumno da escola foi exposto na entrada da escola. 

EN NADAL AGASALLA...

Dende o equipo de biblioteca, coma todos os anos, recoméndasenos unha serie de xogos e libros en galego adecuados para todas as idades, que nos ven de marabilla para pedirlle aos Reis Magos, por si se nos esgotan as ideas...

CLUB DE LECTURA "OS LECTUBERS"

Este curso decidimos poñer en marcha un club de lectura onde o alumnado puidera compartir as súas experiencias lectoras. Despois de facer un pequeno sondeo, advertimos que un grupiño de alumnos e alumnas de 6º nviel, estaba interesado polo que nos puxemos mans á obra. Eles e elas van ser os pioneiros/as. 

E ti, anímaste a formar parte do club de lectura??

Non esperes máis, pasa pola biblioteca e anótate. Pasaremos un bo rato falando das nosas experiencias lectoras.

3 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA VIOLENCIA E O ACOSO NA ESCOLA

A UNESCO designou o primeiro xoves de novembro de cada ano coma o Día Internacional contra a violencia e o acoso na escola, polo que, no noso centro, durante esa semana, estivemos a traballar sobre este tema a través do programa educativo "SOMOS ÚNIC@S"  da fundación Colacao, que ten como obxectivo sensibilizar á sociedade contra o acoso escolar.

Tamén saímos na tele. Na TVG "A REVISTA" en directo.

https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-5874330?t=1277?t=1279

 Este é o seu decálogo.

Aqui vos deixamos o enlace aos xogos do programa "SOMOS ÚNICOS" da Fundación Colacao cos que estivemos a traballar na clase de Relixión. Esperamos que aprendades moito con estes xogos.

1º CICLO

    

2º CICLO

     

3º CICLO

      
 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro celebrouse o Día internacional contra a violencia de xénero.

O alumnado de 5º nivel estivo a traballar sobre os tipos de violenvia e montou un recanto cunha pequena selección de libros acordes co tema.

Distribuir contido


by Dr. Radut