Skip to Content

Blog da biblioteca

FEBREIRO NA BIBLIO

Este mes de febreiro está cargadiño de festividades polo que a nosa biblioteca ten recantos con libros acordes ás distintas conmemoracións: o 11 de febreiro foi o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, o 14, o día do amor e da amizade, o 23 de febreiro foi o Día de Rosalía e, ademáis houbo un recanto especial adicado ao Entroido.

Gozade da selección de libros e que teñades unha feliz lectura!

EXPOSICIÓN DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro foi o Día Mundial da Paz e Non Violencia. Na biblioteca tivemos un recanto de ibros relacionados coa temática.

O alumnado de 2º coloreou un póster colaborativo e o alumnado de 1º nivel traballou o conto "Wangari e as árbores da paz". Mirade que ben lles quedou!!

 

Ademais, todo o alumnado participou na creación dun mural que leva por título "TODOS SOMOS FOLERPAS DE NEVE: ÚNICAS E DIFERENTES" no que cada neno e nena tiña que escribir un adxectivo bonito que calificara aos seus compañeiros de aula. Despois, todos eses papeis cos adxectivos que describen a cada alumno da escola foi exposto na entrada da escola. 

EN NADAL AGASALLA...

Dende o equipo de biblioteca, coma todos os anos, recoméndasenos unha serie de xogos e libros en galego adecuados para todas as idades, que nos ven de marabilla para pedirlle aos Reis Magos, por si se nos esgotan as ideas...

CLUB DE LECTURA "OS LECTUBERS"

Este curso decidimos poñer en marcha un club de lectura onde o alumnado puidera compartir as súas experiencias lectoras. Despois de facer un pequeno sondeo, advertimos que un grupiño de alumnos e alumnas de 6º nviel, estaba interesado polo que nos puxemos mans á obra. Eles e elas van ser os pioneiros/as. 

E ti, anímaste a formar parte do club de lectura??

Non esperes máis, pasa pola biblioteca e anótate. Pasaremos un bo rato falando das nosas experiencias lectoras.

3 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA VIOLENCIA E O ACOSO NA ESCOLA

A UNESCO designou o primeiro xoves de novembro de cada ano coma o Día Internacional contra a violencia e o acoso na escola, polo que, no noso centro, durante esa semana, estivemos a traballar sobre este tema a través do programa educativo "SOMOS ÚNIC@S"  da fundación Colacao, que ten como obxectivo sensibilizar á sociedade contra o acoso escolar.

Tamén saímos na tele. Na TVG "A REVISTA" en directo.

https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-5874330?t=1277?t=1279

 Este é o seu decálogo.

Aqui vos deixamos o enlace aos xogos do programa "SOMOS ÚNICOS" da Fundación Colacao cos que estivemos a traballar na clase de Relixión. Esperamos que aprendades moito con estes xogos.

1º CICLO

    

2º CICLO

     

3º CICLO

      
 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro celebrouse o Día internacional contra a violencia de xénero.

O alumnado de 5º nivel estivo a traballar sobre os tipos de violenvia e montou un recanto cunha pequena selección de libros acordes co tema.

EXPOSICIÓN DE LIBROS DE SAMAÍN

No mes de outubro a nosa biblioteca contou con 2 recantos de libros. Un deles adicado ao proxecto anual "METEOALXÉN" e outro terrorífico con libros de Samaín.

 

DIA DE ROSALÍA

O día 23 de febreiro celebrouse o Día de Rosalía. Como ben sabedes anteriormente celebrábase o día 24 pero hai uns anos cambiouse para o día do aniversario de- Rosalía de Castro que é o o 23. 

Para conmemorar esta data tan importante para nós, o noso alumnado realizou unha pequena adaptación das actividades propostas pola Asociación de escritores en Lingua Galega. Quedáronlles super chulas, mirade!!

#cumpriuseaxustiza#rdc_23

METEOROLOXÍA

Aproveitando que o tema deste curso é a meteoroloxía, o alumnado de 4º nivel fixo unha gran pescuda para averiguar cousas moi interesantes sobre ela. Sabedes que os animais son boísimos predicindo o tempo que vai facer? Escoitade e aprendede...

BOA ESCOITA

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro celebrouse o día das bibliotecas polo que comezamos este día recordando a importancia e as posibilidades da biblioteca como lugar de lecer, entretemento, investigación e creación... Agasallouse cun marcapáxinas coa mascota ao alumnado e ao profesorado.

Tamén comezamos coa ruta das mochilas viaxeiras, cada unha delas con material adaptado a cada nivel. As mochilas inclúen varias propostas de lectura, libro de experimentos e de cociña e un caderno de retos en familia. Que familia se atreverá a levar a cabo todos os retos?

En 5º, o primeiro en levala foi Áxel, a ver que nos conta da experiencia!

Agardamos que vos guste o seu contido e que desfrutedes en familia!

Esta semana comezamos coa formación de usuarios nas clases de relixión e valores. O alumnado baixou á biblioteca por cursos e a responsable da biblioteca, a mestra Silvia, explicoulles como están clasificados os libros segundo a CDU (clasificación decimal universal) e o empréstito co programa MEIGA.

Distribuir contido


by Dr. Radut