Skip to Content

Blog da biblioteca

PROXECTO "HOXE VÉN AO COLE..."

O alumnado do segundo ciclo estamos a traballar no proxecto de centro "Lerias e enredos doutro tempo" e para iso pedimos a colaboración das familias para que nos contarán como pasaban eles o tempo cando eran nenos/as. O martes, 17 de outubro acompañounos o avó de Mateo Ramilo de terceiro. Contounos que cando él era cativo non se podían mercar xoguetes polo que tiñan que botar man da súa imaxinación e fabricalos eles mesmos con materiais naturais: madeiras, trapos,... Tamén nos contou que coma as tardes de outono eran longas, para entreterse e facelas máis curtas facían concursos de quen degranaba máis carozos de millo ou quen conseguía máis raíñas, que son aquelas espigas que teñen millo de varias cores.

Aproveitamos a ocasión para ensinarlle o noso horto e que nos dese consellos sobre os coidados que necesitan as plantas para vivir e as distintas formas de sementar. 

 

Esta actividade foi moi motivadora e interesante para os nenos/as polo que estamos agardando a próxima visita.

 

Álbum: CURSO 23-24 -> HOXE VÉN AO COLE

DÍA DAS BIBLIOTECAS, 24 DE OUTUBRO

O 24 de outubro celébrouse o día das bibliotecas. Comezamos a semana recordando a importacia e as posibilidades da biblioteca como lugar de lecer, entretemento, investigación e creación...Agasallouse cun marcapáxinas coa mascota da nosa biblioteca ao alumnado novo no centro. Tamén comezamos coa ruta das mochilas viaxeiras, cada unha delas con material adaptado ao curso.  Agardamos que vos guste o seu contido e que desfrutedes en familia!

 

 

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA

Arrancamos un novo curso cheo de novas experiencias e aprendizaxes, entre elas, as relacionadas co proxecto anual do noso centro “OS XOGOS POPULARES” co título “Lerias e enredos doutros tempos”.

O 10 de outubro tivo lugar a Inauguración da nosa biblioteca coa lectura do tradicional pregón no que se anunciou dito proxecto e se falaron das normas de uso e horario.

Para dito evento fíxose unha audición para seleccionar aos mellores pregoeiros/as e os mellores tamborileiros/as. Presentáronse moitos alumnos e alumnas que o fixeron moi ben e aos que lles facía moita ilusión participar facendo moi difícil a decisión do xurado. Finalmente os elixidos foron: Roi de 1º, Nora e Aldara de 4º, Antía e Zoe de 5º e Níobe de 6º como pregoeiros/as e Lois de 3º e Adriana de 5º como tamborileiros/as.

Parabéns a todos/as e moitas grazas pola vosa participación.

 
Álbum: CURSO 23-24 -> INAUGURACIÓN BIBLIOTECA

SAÍDA AO SALÓN DO LIBRO E VISITA A PONTEVEDRA

Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º niveis fixemos unha saída para visitar o Salón do libro de Pontevedra.

Pasamos un día moi divertido lendo e participando en xogos propostos polas monitoras que nos mostraron o salón.

Rematamos o día comendo e xogando nun fermoso parque á beira do río.

Foi un día xenial!

Visita a nosa galería para ver as fotos máis destacadas dese día.

Álbum: CURSO 22 -23 -> SALÓN DO LIBRO

CLUB DE CIENCIA 22-23

Un ano máis seguimos aprendendo moitas cousas sobre o espazo que nos rodea grazas ao club de ciencia. Cada ano nos gusta máis esto de facer experimentos...

CARTAS

Que ilusión!! Hoxe recibimos as cartas dos nosos compañeiros de 6º curso do CEIP Igrexa-Candeán de Vigo. Ao longo do curso estivemos carteándonos e gustounos moito a experiencia.

 

 

LIBRO VIAXEIRO DAS PARROQUIAS

Os nenos e nenas de 1º nivel traballamos o "Libro viaxeiro das parroquias", no cal explicamos como é o lugar onde vivimos.

Nel escribimos as súas características físicas, número de habitantes, monumentos e lugares que ten, etc.

Ademáis colocamos fotos para que os nosos compañeiros/as poidan comprobar cómo é a nosa vila/pobo.

ANDREA MACEIRAS E DAVID RODRÍGUEZ

Coma todos os anos, tivemos a gran sorte de contar na nosa escola coa visita de dous magníficos escritores, David Rodríguez, autor de "Superavoa" que viu falar co alumnado de 1º e 2º, e Andrea Maceiras, autora de "Proxecto Bolboreta", "Volverás golfiño" e "Conta nove estrelas" entre outras, que viu visitar ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. Pasamos unha mañá xenial, falando de moitas cousas, fixémoslles moitas preguntas, ensinámoslles os nosos traballiños e ao final, ata nos asinaron os libros. Eles quedaron encantados e nós, aínda máis!!!

Álbum: CURSO 22 -23 -> VISITA AUTORES CONVIDADOS
Distribuir contido


by Dr. Radut