Skip to Content

XORNADA PORTAS ABERTAS

Como cada curso por estas datas estamos organizando a Xornada de Portas Abertas para o alumnado novo, matriculado no curso 23/24.

Para visualizar o díptico, premede aquí

AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 23-24

Informámosvos de que saíu publicada a Resolución da secretaría do estado de educación, pola que se convocan axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2023 - 2024.

Os prazos de presentación das solicitudes extenderase ata o 20 de setembro de 2023, incluído.

As solicitudes, tanto de axuda como de subsidio, deberá cumprimentarse mediante o formulario por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Os / as solicitantes que non dispoñan de sede electrónica, deben imprimir o modelo de solicitude en ficheiro pdf e presentarano, soa súa sinatura e a dos demais membros da familia computables, acompañada da documentación descrita no artigo anterior, no centro docente no que vaian seguir os estudos durante o curso académico 2023 - 2024.

A información sobre o estado tramitación do procedemento poderá consultarse a través da dirección electrónica https://sede.educacion.gob.es, no apartado "Mis expedientes".

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/2024

Informámosvos de que saíu publicada a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/2024.

Os prazos de presentación son do 22 de maio ao 21 de xuño, ambos incluídos.

Cubrirase un único impreso para todas as axudas (libros e material) e será unha única solicitude para tod@s @s fill@s que estarán matriculad@s e/ou admitid@s no noso centro, no curso 2023/2024.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta. es/fondolibros) ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de maneira  presencial  na secretaría do centro, previa petición de cita.

Nos arquivos adxuntos atoparedes os anexos a cubrir e información de interese.

Ante calquera dúbida poñédevos en contacto co centro.

CEP CARLOS CASARES ALXÉN

Benvid@s ao CEP Carlos Casares
 
   
 

Grixó, s/n
36458 Alxén-Salvaterra de Miño
PONTEVEDRA
 
886110724             

886110725

09:40-14:40

HORARIO ATENCIÓN DIRECCIÓN E SECRETARÍA: martes a xoves de 10h a 11h

(Fóra dese horario só con cita previa)

Distribuir contido


by Dr. Radut