Skip to Content

terceiro ciclo

CARTAS

Que ilusión!! Hoxe recibimos as cartas dos nosos compañeiros de 6º curso do CEIP Igrexa-Candeán de Vigo. Ao longo do curso estivemos carteándonos e gustounos moito a experiencia.

 

 

DETECTIVES VERDES

Durante a semana do 17 ao 21 de outubro o alumnado de 6º fixo de detective verde. Limpou os patios da escola e avisou de papeleiras que estaban cheas para baleiralas.

 

OBRADOIROS

Pero que ben o pasamos!

O obradoiro de papiroflexia de 5º e 6º foi todo un éxito!

Soles, coruxas, paraugas e moitos máis2.

Mirade que bonitos.

 

A AVENTURA DE VIVIR A VIDA

O alumnado de 6º nivel de Relixión, estamos a participar nun proxecto intercentros: "A aventura de vivir a vida" coordinado por María del Carmen Lodeiro Gesto. Un proxecto que xurde coa ilusión dunhas mestras de Relixión de Murcia que contactaron con outras de Galicia e que, despois cruzaron o Atlántico ata chegar a Chile e México sendo un total de 36 os centros que intercambiamos actividades, alegrías, risas, unión...

A nos tocounos un centro de moi preto, o CEP Igrexa - Candeán de Vigo. O primeiro que fixemos foi presentarnos. Enviamos unha presentación falándolles do noso cole.

 

Eles tamén nos enviaron un vídeo da súa escola para que os coñezamos.

  

25N DÍA DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Para conmemorar esta data o alumnado de 6º nivel cóntanos moitas cousas interesantes. Sabiades por que se escolleu esta data? Cóntannolo neste programa xunto con moitas outras cousas máis, incluso ata hai unha canción inédita!!

BOA ESCOITA

LENDAS

Queredes escoitar algunha lenda interesante e algunha outra terrorífica de Galicia? Non vos perdades este prograna realizado polos nosos compañeiros e compañeiras de 5º nivel. Escoitade moi atentos á lenda de Paula...

BOA ESCOITA 

ANUNCIOS PUBLICITARIOS

Este trimestre os nenos e nenas de 6º nivel estamos traballando diferentes tipos de intencións comunicativas. Para interiorizar dun xeito divertido estes contidos, decidimos facer uns anuncios publicitarios.

Son fantásticos! A verdade é que inventamos uns artigos espectaculares, mágoa que aínda non estean á venda para poder mercalos...

INAUGURAMOS CURSO ESCOLAR!!

Comezamos un novo curso escolar co programa de inauguración da nosa emisora escolar, Radio Saltamontes, emitindo como non, dende o medio do monte!!

Este curso promete vir cargadiño de novidades e comezamos coma todos os anos dando a benvida a todos os nenos e nenos novos que veñen por primeira vez ao noso centro e á morea de mestres e mestras que recén acaban de chegar, sede moi benvidos e benvidas tod@s!!

 

PROGRAMA ESPECIAL ENTROIDO 2022

Damoslle a benvida ao entroido cun programa de radio realizado polo alumnado de 5º nivel, onde nos contan refráns e adiviñas relacionadas con entroido, acertarédelas? Descubrideo escoitando o programa e QUE VIVA O ENTROIDO!!!

BOA ESCOITA

 

BENVIDA AO NOVO PROFESORADO DO CENTRO (PARTE II)

Esta é a segunda parte do programa anterior, como son tantos, tivemos que facelo en dúas partes...

Quedounos un pouquiño longo asi que clicade na imaxe para escoitalo.

BOA ESCOITA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut