Moi boas a tod@s!! Xa estamos un ano máis con todos e todas vos en RADIO SALTAMONTES!! Botástenos moito de menos? De seguro que si... Pois xa estamos de volta para informarvos puntualmente de todo o que acontece na nosa escola. Queremos pedir desculpas por tardar tanto en publicar, por problemas técnicos non foi posible facelo antes, pero, a partires de agora intentaremos non faltar ningunha semana.
Para comezar, deixámosvos co primeiro programa deste trimestre, realizado polo alumnado de 4º nivel. Esperamos que vos guste. Un saúdo!!
Non hai cousa que guste máis neste cole que as manualidades e obradoiros. E para mostra un botón... Neste primeiro trimestre aprendimos papiroflexia, fixemos tarros de sal de cores, botellas da calma (que boa falta nos fan ) e como o tema da exposición deste ano é o folclore, fixemos a nosa versión caseira dunha gaita galega, non conseguimos que soara, pero quedaron ben xeitosas...
Unha vez rematado o Proxecto O Condado, desenvolvido polo alumnado de terceiro, partillamos o resultado final, así como os artigos da revista Néboa relacionados coa saída pola nosa comarca.
Como cada ano e dentro das actividades programadas para a mellora do centro o alumnado do segundo ciclo son os encargados de plantar as flores que hai nas xardiñeiras da parte dianteira do cole.
Dá gusto entrar á escola coa entrada chea de flores.
NON PERDAS MÁIS TEMPO E PREME SOBRE A IMAXE PARA ESCOITAR O PROGRAMA ELABORADO POLO ALUMNADO DE 4º E QUE TRATA SOBRE O ALIMENTO POR EXCELENCIA DO OUTONO, A CASTAÑA.
AQUÍ DEIXAMOS O GRAN TRABALLO LEVADO A CABO POLO ALUMNADO DE 4º, PARA CREAR CRUCIGRAMAS BASEADOS NO VOCABULARIO DA COCIÑA GALEGA. PREVIAMENTE, TIVERON QUE BUSCAR AS DEFINICIÓNS NO DICIONARO DA RAG EN LIÑA.