Skip to Content

Novas

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

COMO CADA ANO CELEBRAREMOS, A VINDEIRA SEMANA, O DÍA DE ROSALÍA.

TEMOS PROGRAMADAS AS SEGUINTES ACTIVIDADES:

  • PODERANSE LER, NA EMISORA, POEMAS DE ROSALÍA.
  • PARA ENTRAR E SAÍR, SOARÁ A MÚSICA DO POEMA ALBORADA, DO LIBRO-CD "ROSALÍA PEQUENIÑA"
  • TODO O ALUMNADO DO CENTRO ELABORARÁ UNHA POSTAL, NA AULA DE  INFORMÁTICA, ACTIVIDADE PROPOSTA POLA AELG.
  • TRABALLARASE A VIDA E OBRA DE ROSALÍA, EN TODAS AS TITORÍAS.
  • ENVIARÁSELLE ÁS FAMILIAS UNHA POSTAL COLABORATIVA ENTRE O ALUMNADO DE 2º E 3º CURSOS, POR CORREO POSTAL.

 

FOMOS SELECIONADOS COMO FINALISTAS NO II CERTAME DE RADIO ESCOLAR!!!!!

COMO SABEDES, O PASADO MES DE XANEIRO PARTICIPANOS NO II CERTAME DE RADIO ESCOLAR, ORGANIZADO POLO PROXECTO CAMPUSCULTURAE, DA FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN, DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

A PROPOSTA RADIOFÓNICA QUE PRESENTAMOS LEVABA POR TÍTULO: O PERCORRIDO POLA HISTORIA DO POBO XITANO E CON ELA, FOMOS SELECCIONADOS COMO FINALISTAS !!!

PARABÉNS AOS ALUMNOS DE 6º, QUE FIXERON UN GRAN TRABALLO!!!!

 

AO RESULTAR FINALISTAS ASISTIREMOS Á GALA QUE TERÁ LUGAR O VINDEIRO 11 DE FEBREIRO, O ALUMNADO DO 2º E 3º CICLOS

 

APROVEITAREMOS A VIAXE PARA VISITAR A CIDADE DA CULTURA.

 

XA TEMOS PENSADO DE QUE IMOS IR DISFRAZADOS!!!!!!!

 

MENUDA "RADIO-ENTROIDADA" IMOS MONTAR EN COMPOSTELA!!!!

 

VIVA A RADIO E O ENTROIDO!!!!!!

 

http://www.campusculturae.com/gl/novas/ii-certame-campusculturae-de-radio-escolar

 

SE QUERES VER E ESCOITAR A  PROPOSTA RADIOFÓNICA, PREME SOBRE A IMAXE

 

 

 

PROGRAMA GAÑADOR NA CATEGORÍA DE MELLOR PROGRAMA RADIOFÓNICO EN DIRECTO EN DIRECTO

 

PREME SOBRE A IMAXE SE QUERES ESCOITAR O PROGRAMA E FOI GALARDOADO CO PREMIO "BOAS ONDAS" AO MELLOR PROGRAMA RADIOFÓNICO EN DIRTECTO, E QUE FOI EMITIDO DENDE A EMISORA DE RADIO TUI, O PASADO CURSO.

 

II Certame de Radio Escolar

Este curso presentámonos ao II Certame de Radio Escolar, organizado polo Proxecto campUSCulturae, dependente da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

A nosa proposta radiofónica leva por título "O Percorrido pola historia do Pobo Xitano". Nela participaron o alumnado de 6º. Dende o EDLG do centro, queremos felicitalos polo excelente traballo levado a cabo.

Tanto os locutores coma os técnicos de son, fixeron un gran esforzo para poder gravar a proposta, dentro do prazo marcado.

Tod@s estamos desexando que se fagan públicos os resultados...

como saiamos seleccionado@s...

 

Menuda festa imos montar en Compostela!!!!!

 

 

DEIXÁMOSVOS AQUÍ O ENLACE Á CONVOCATORIA

http://issuu.com/pablopra/docs/convocatoria_aos_centros_de_ensino_/1?e=14245408/11021431

 

 

 

PARABÉNS A PONTE NAS... ONDAS POLO PREMIO ONDAS 2014

O EDLG DO CEP CARLOS CASARES QUEREMOS FELICITAR A PONTE NAS...ONDAS POLO PREMIO ONDAS 2014 QUE LLE ENTREGARON O PASADO 25 DE NOVEMBRO NO LICEU DE BARCELONA.

PARABÉNS A TODAS AS PERSOAS QUE FAN POSIBLE QUE ESTE PROXECTO, DE MÁIS DE 20 ANOS, SIGA VIVO E RECOLLENDO OS MERECIDOS RECOÑECEMENTOS.

O CEP CARLOS CASARES, DUN XEITO OU OUTRO, VÉN COLABORANDO CON PONTE NAS...ONDAS DENDE O SEU NACEMENTO, POLO QUE TAMÉN QUEREMOS LEMBRARNOS DE TOD@S OS NEN@S QUE PARTICIPARON NAS DIVERSAS ACTIVIDADES.

DEIXÁMOSVOS UN ENLACE PARA @S QUE NON POIDESTES VER A GALA POLA TV OU POLA RADIO.

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut