Skip to Content

Atención pais/nais

ADMISIÓN ALUMNADO NOVO

O prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado novo estará aberto do 1 ao 20 de marzo.

As solicitudes poderán presentarse:

  • A través da aplicación "admisión alumnado" (deberá ser entregada impresa e entregada na secretaría do centro)

                 https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

  • Presencialmente na secretaría do centro, con cita previa (de luns a xoves de 9:45h a 11:00h)

Formulario para tramitar a solicitude:

O formulario ED550B, a través do cal se tramita a solicitude poderá descargarse:

  • Da páxina web do centro, premendo AQUI 
  • Da aplicación admisionalumnado
  • Da Sede Electrónica da Xunta de Galicia
  • A escola facilitará, unha copia en papel do formulario ás persoas interesadas que o soliciten.

DOCUMENTACIÓN

a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando deneguen a súa consulta no sistema de verificación de datos do Ministerio de Facenda.

b) Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a (DNI ou Libro de Familia)

c) Certificado de matrícula do centro de orixe

d) Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso, para o seu cotexo.

e) Copia do libro de familia onde figure o alumno/a e os demais membros computables.

f) Certificado de empadroamento dos membros da unidade familiar.

AVISO IMPORTANTE

  • Cada familia só poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.
  • A solicitude deberá estar asinada por unha das persoas proxenitoras, xuntando o modelo ANEXO II- Bis co consentimento da outra

 

admisión curso 24-25

PREVISIÓN VACANTES CURSO 24-25

RESERVA PRAZA

O alumnado de 6º de Ed. Primaria deberá comprobar a súa reserva no IES SALVATERRA DE MIÑO

INFORMACIÓN SOBRE A RESERVA DE PRAZA

Estimadas familias:

Informámosvos de que o proceso para reservar praza nos centros adscritos estará aberto dende hoxe ata o 5 de febreiro incluído.

O alumnado de 6º de Educación Primaria que pretenda continuar os seus estudos no IES de Salvaterra de Miño deberá cubrir a solicitude de reserva e presentala no centro onde estea escolarizado/a actualmente.

 

A solicitude de reserva poderá presentarse dos seguintes xeitos:

1. Telematicamente a través da aplicación "admisionalumnado"

ADMISIONALUMNADO

Unha vez confirmada a solicitude, deberá descargala para asinala e presentala no centro de orixe.

 

2. Cubrindo a solicitude na aplicación, asinándoa dixitalmente e presentándoa na Sede Electrónica, para facer isto deberá ser usuario da Chave 365 ou contar cun Certificado dixital.

 

3. De forma manual, cubrindo o ANEXO I (ED550A) e entregándoo no centro de orixe.

 

  • A solicitude deberá estar asinada por unha das persoas proxenitoras, xuntando o modelo ANEXO I bis co consentimento da outra.
  • No caso de que o outro proxenitor non poida asinar o modelo ANEXO I bis por ausencia, admitirase unha declaración responsable da persoa que asine a solicitude indicando o motivo polo cal non pode asinar. (SÓ NO CASO DE PROXENITORES NON SEPARADOS NIN DIVORCIADOS)
  • En caso de separación ou divorcio É OBRIGATORIO ASINAR O ANEXO I bis.

 

Para máis información

PREME AQUÍ

XORANADA DE PORTAS ABERTAS 2023

REUNIÓN INICIO DE CURSO

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS 23/24

Tal como avisamos na anterior publicación, no día de hoxe procedeuse á publicación da listaxe definitiva do Fondo libros para o vindeiro curso. Están expostas no taboleiro de información do interior do centro.

Entrando na aplicacion FONDOLIBROS, no apartado CIDADÁN e introducindo o DNI do solicitante, poderedes saber os libros que vos adxudica o centro, os que non aparezan nesa listaxe serán os que debades mercar as familias.

Que pasedes bo verán.

 

FONDO LIBROS 23/24

Estimadas familias, o vindeiro venres 7 de xullo publicarase a listaxe provisional de solicitudes admitidas no taboleiro do interior do centro.

Co código que hai na parte superior dereita do vale de material que se vos entregou a semana pasada, podedes consultar o estado da vosa solicitude na aplicación FONDOLIBROS, sen necesidade de vir ata o ceantro.

As persoas interesadas poderán presentar reclamacións o luns 10 e o martes 11 de xullo. De non haber ningunha, o mércores 12 de xullo publicarase a listaxe definitiva de solicitudes admitidas cos libros asignados e, de ser o caso, o número de libros complementarios que lle correspondan.

Para calquera dúbido ou consulta, poden chamar ao tlf. do centro 886110724

RECOLLIDA EQUIPOS E-DIXGAL DO ALUMNADO DE 5º E 6º

Prezadas familias! 

Os/as vosas/os fillos deben entregar os equipos E- Dixgal, que estiveron utilizando ao longo do curso 22-23, entre mañá e pasado. (15 e 16 de xuño). Os ordenadores serán entregados en perfecto estado e limpos, tamén teñen que entregar o seu cargador e o seu maletín. Unha vez revisados todos os equipos madarémosvos o documento de entrega para que o asinedes. 

Todos os ficheiros que desexen gardar téñenos que descargar nunha memoria externa. Os ordenadores serán clonados polos técnicos do Servizo Premium, no mes de xullo.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Saúdos.

Distribuir contido


by Dr. Radut