Skip to Content

Normalización e Dinamización Lingüística

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2024

LETRAS GALEGAS 2024. LUISA VILLALTA

Como xa todos e todas sabedes, o día 17 de maio conmemórase o Día das Letras Galegas. Este ano a autora homenaxeada é LUISA VILLALTA, escritora coruñesa, licenciada en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa e titulada superior en Violín, que foi membro da Orquestra Sinfónica de Galicia. Finou o día 6 de marzode 2004  por unha meninxite.

Se queredes investigar máis sobre esta autora, irémosvos deixando por aqui unha serie de recursos aos que podedes botar unha ollada.

DÍA DA POESÍA

O pasado día  21 de marzo foi o Día mundial da poesía. Dende a biblioteca propúxose que ese día o alumnado  elixira un poema e subira a emisora a recitalo. O alumnado colaborador da biblioteca foi o encargado de  montar o recanto con libros de poesía e asesorar aos máis pequenos na escolla dos poemas. O alumnado de 1 nivel emitiu un programa de radio especial “Día da poesía”.

 

DÍA DA MULLER DENDE A BIBLIOTECA

Durante o mes de marzo co motivo da celebración do  Día da muller repartíronse nas aulas as MOCHILAS VIOLETAS. Cada curso tivo na súa aula unha mochila violeta formada por diferentes libros relacionados coa temática e un xogo de "Adiviña quen é quen..." para traballar na aula.

 

QUE BEN O PASAMOS!!

É momento do programa de radio máis especial e emotivo do ano. O primeiro programa do alumnado de 1º nivel, que nos conta o que fan na escola. Sabedes quen é Salustiano e que fai na escola? Escoitade o descubrirédeo!

BOA ESCOITA

 

PROGRAMA MÚSICA 6º

O alumnado de 6º nivel acompáñanos a dar un paseo pola orixe e evolución da música e dos instrumentos. Queredes saber cal foi oprimeiro instrumento musical da humanidade? Pois prestade moita atención e o descubriredes.

BOA ESCOITA

MAGOSTO 2023

O alumnado de 2º nivel adica o seu primeiro programa de radio do curso 23 - 24 ao Magosto. Este será o programa que se emita na xornada deportas abertas do día 19 de novembro. Que o desfrutedes!!

BOA ESCOITA

LERIAS E ENREDOS DOUTRO TEMPO

O alumnado de 5º nivel fixo unha pequena entrevista aos seus pais e avós para poder realizar este programa de radio onde nos conta as diversas lerias e enredos cos que pasaban o tempo os seus antecesores. Que ben o pasaban! E iso que non había videoxogos!

BOA ESCOITA

ENTERRO DA LAMPREA

Para quitarnos a decepción de non poder desfilar cos outros coles o venres, ocurriusenos, a ultimísima hora, participar no desfile do Enterro da Lamprea. Dábanos moita mágoa non poder lucir os nosos disfraces que tan bonitos nos quedaran. Así que, nin cortos nin preguiceiros, chamamos ao Concello que non nos puxo ningún inconveniente e, acto seguido, solicitamos a colaboración da ANPA para mobilizar a todas as familias. Foi unha xornada axetreada pero mereceu a pena. 

Decoramos o coche do mestre Fran e alí que nos presentamos no desfile. Foi unha xornada moi divertida, a pesares dalgún contratempo mentras desfilabamos que foi exitosamente disimulado grazas á axuda dos pais do alumnado que por alí estaban. MOITAS GRAZAS A TOD@S

 
 
 
Álbum: CURSO 23-24 -> DESFILE DA LAMPREA

ENTROIDO 2024

O día 9 de febreiro ten lugar o desfile pola rúas de Salvaterra xunto co alumnado do CRA A Lagoa o do CEIP de Leirado pero, chovendo como chovía, houbo que cambiar o lugar e, no canto de ser polas rúas do pobo, tivo que ser no pavillón de Leirado. Non quedou tan lucido pero non estivo mal... 

Álbum: CURSO 23-24 -> ENTROIDO
Distribuir contido


by Dr. Radut