Skip to Content

Normalización e Dinamización Lingüística

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro celebrouse o Día da Paz e non Violencia, data que coincide co aniversario de Mahatma Ghandi, líder pacifista que promoveu a non vilencia e a resistencia pacífica fronte a inxustiza.

Dende os Equipos de Dinamización e de Biblioteca propúxose crear un conto colaborativo entre todo o alumnado da escola que comezaba así: "Había unha vez unha nube que chorou pingas de paz..." Cada nivel redactou un fragmento de 2-3 oracións e despois fixemos un grande mural. Mirade que ben nos quedou!! 

Ademais, cada aula elaborou un código QR coa súa parte do conto.

 

Parágrafo 1 Parágrafo 2 Parágrafo 3
Parágrafo 4 Parágrafo 5  

LECTURAS RECOMENDADAS PARA NADAL

Como cada Nadal, os equipos de bibloteca e dinamización da lingua galega, aportaron ás familias varias ideas interesantes en canto a lecturas e xogos recomendados para que o alumnado do noso centro puidera incluir nas súas cartas aos Reis Magos.

A proposta deste ano foi a seguinte:

CALENDARIO 2022

Durante os meses de outubro e novembro estivemos recompilando diferentes obxectos e imaxes relacionadas co proxecto anual do centro "A auga no patrimonio cultural e arquitectónico da contorna". Foron moitas as fotografías recaudadas polo que tivemos que facer unha escolma que distribuímos por temáticas e meses do ano. Cada nivel elaborou os pés de foto de dous meses traballando así a expresión escrita. Aquí tedes a mostra do grande traballo que fixeron. Esperamos que vos guste o resultado tanto coma a nós.

ATA O VINDEIRO ANO!!!

(premede na imaxe)

A AUGA NO PATRIMONIO CULTURAL DA CONTORNA

Dende o club de ciencia imos facer experimentos relacionados coa auga, xa que sen auga ningún dos elementos aos que se adica este proxecto terían sentido.

A auga ocupa as tres cuartas partes do planeta, forma parte dos seres vivos, está constituída por hidróxeno e osíxeno H2O.

Dende o club de ciencia queremos que o alumnado experimente facendo. Daremos estas pautas para ser científico, e son:

 

1º Experimento:

CICLO DA AUGA

Con este experimento queremos visualizar o ciclo da auga, dende a aula experimentamos os pasos como a evaporación, a condensación e a precipitación dentro dunha cunca. A partires deste experimento faremos cambios e con eles predicións, tomaranse notas e compararemos.

Materiais:

*auga a ferver

*sal

*colorante alimentario

*film transparente (de cociña)

*culler

*cunca grande de vidro

*vaso chupito ou cunca pequena

*xeo

Pasos:

1.- Nunha cunca grande botamos o sal e o colorante alimentario.

2.- Botamos auga a ferver (será o/a mestre/a que faga este paso), remexemos.

3.- Colocamos no centro da cunda o vaso chupito ou cunca pequena.

4.- Tapamos axiña a cunca grande co film transparente, coida quitar un pouco de aire, senón fai globo.

5.- Colocamos o xeo no centro do film transparente.

Agora toca esperar. Que pasará? Choverá dentro da cunca? Como será a auga? Terá cor? Estará salgada?

 

 

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Arrancamos un novo curso cheo de novas experiencias e aprendizaxes, entre elas, as relacionadas co proxecto anual do noso centro "A auga no patrimonio cultural e arquitectónico da contorna".

Comezámolo o día 15 de outubro coa Inauguración da nosa biblioteca no que tivo lugar a lectura do xa tradicional pregón co que se anunciou dito proxecto e no que nos falaban das normas de uso e horario da biblioteca do centro.

LIBRO DE REFRÁNS ELABORADO POLO ALUMNADO DE 3º

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Na semana das LETRAS GALEGAS, o CEP Carlos Casares, encheuse de actividades en homenaxe á nosa lingua e a unha das súas grandes defensoras, a escritora Xela Arias.

Como non podía ser doutro xeito, nin o "coronavirus" puido coas nosas gañas de festexar. Houbo programa de radio especial, representación de obras de teatro, decoración de corticeiras e un emotivo festival, no que non faltaron as actuacións musicais e o baile.

Por mor da situación sanitaria que estamos a vivir, tivemos que celebrar o noso festival das letras ao aire libre, con distancia de seguridade e con máscara, pero sen público. 

Como botamos tanto de menos os vosos aplausos, queremos compartir con todos vós, o noso traballo ao longo da semana das letras e as nosas actuacións. Para iso, o mestre de música, Miguel Ángel, preparou dúas montaxes que poderedes desfrutar premendo nas seguintes imaxes.

Dentro vídeo!!!!!

 

 

 

 

REVISTA ESCOLAR NÉBOA 2021

Aquí vos deixamos a nosa revista escolar Néboa, Nº 36, en formato dixital. Unha revista que, coma todos os anos, resultou ampla. Nada máis e nada menos que 196 páxinas de artigos que nenos e nenas elaboraron coas mestras e mestres. Parabéns polo traballo realizado!!! (Clica na imaxe para visualizala).

 

 

CORTICEIRAS LETRAS GALEGAS

O alumnado de 1º e 2º elaboraron un warhol de Xela Arias. Mirade que coloridos quedaron!!!!

 

WARHOL DE 2º

 

WARHOL 1º

 

 

 

VIDEOCONFERENCIA CON LEDICIA COSTAS

 

O próximo 20 de maio temos videoconferencia con Ledicia Costas. Que ilusión !!!!

Estivemos traballando arredor dalgúns dos seus libros;

1º,2º traballamos "Conexión Macarrón", 3º "Os minimortos" e 4º,5º, 6º "Vampira de bibliotecas".

 

 
 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut