Skip to Content

O Folclore Galego

SERES MITOLÓXICOS DE GALICIA

O alumnado de 5º nivel, para o seu derradeiro programa de radio por este curso, investigou sobre un tema moi interesante da nosa cultura galega: os seres mitolóxicos, sabedes o que é un tardo? E un nubeiro? Pois escoitade e descubrirédelo...

 

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2019

O alumnado de valores de 5º festexamos o Día das Artes Galegas 2019 coñecendo un pouquiño ao seu homenaxeado, o debuxante e escritor Luís Seoane a partir dunha unidade didáctica.

 

CANTIGAS

O alumnado de valores de 5º e 6º traballamos nesta área sobre as cantigas galegas e fixemos un mural con todas elas. 


OS NOSOS REFRÁNS

No primeiro trimestre os nenos e nenas de 5º traballamos sobre os refráns. Para iso, preguntamos nas nosas casas ás nosas familias se coñecían refráns, anotámolos e fixemos un libriño no que recompilamos aqueles refráns máis empregados e outros máis descoñecidos para nós.

 

OBRADOIRO 1 - OS OFICIOS TRADICIONAIS

Dentro do proxecto de centro sobre o folclore galego, algúns alumnos de 5º e 6º traballamos no primeiro obradoiro sobre os oficios tradicionais. Así, partindo dunhas láminas, fixemos uns traballos plásticos con diferentes materiais sobre os oficios de oleiro, costureira, pescador, afiador... Quedáronnos moi ben!

 

 

AS NOSAS PRIMEIRAS LETRAS GALEGAS

Navegando pola rede, atopamos estes videos dos Bolechas onde fan un repaso pola vida de dous autores galegos moi importantes. Unha delas, Rosalía de Castro, por ser a escritora en lingua galega mais importante de Galicia, e o outro, Carlos Casares, porque, ademais de ser un gran escritor na nosa lingua, é o autor que lle da nome ao noso centro. Aqui volos deixamos, esperamos que vos gusten!

  Rosalía de Castro                         Carlos Casares

                         

LENDAS

      O proxecto  que estamos levando a cabo no presente curso é o FOLCLORE GALEGO polo que o alumnado de 5º, na clase de Relixión,  estivo investigando LENDAS GALEGAS. Investigou sobre a  SANTA COMPAÑA, a lenda de SAN ANDRÉS DE TEIXIDO, A COCA DE REDONDELA, O LOBISHOME, A LENDA DOS MOUROS, O TARDO E O NUBEIRO.

 Pasámolo xenial e aprendimos moito!!!!!!. 

 Podedes ver os nosos traballos no arquivo adxunto.

 

 O resto do alumnado (de 3º a 6º) viu un video sobre a mitoloxía  e lendas galegas  que poderedes visualizar  a continuación.

 

ENTROIDO 2019

Durante a semana de entroido, fixemos moitas actividades: inauguramos o entroido lendo un pregón, fixemos os nosos disfraces nos obradoiros, que fartura a recortar plumas!!! Non dabamos rematado!! Houbo unha gran fariñada, a ANPA convidounos a chocolate, queimamolo meco non sen antes ler o seu testamento, en fin, unha chea de cousas. O alumnado de 3º nivel nolas recorda neste programa de radio especial entroido. Escoitádeo, seguro que vos gusta...

 

 

DESFILE DE ENTROIDO POLAS RÚAS DE SALVATERRA

 

POR FIN DESFILAMOS COS NOSOS TRAXES!!! NON NOS DABA CHEGADO O DÍA!!!

PRIMEIRO, REUNÍMONOS COS DEMAIS COLES, O CRA A LAGOA E O CEIP DE LEIRADO, NA PRAZA DO CONCELLO, E DESPOIS, FOMOS DESFILANDO ATA O PARQUE DA CANUDA.

QUE GUAPOS ÍAMOS!!!!!

UNHA VEZ ALÍ, LIMOS O TESTAMENTO DO MECO E QUEIMÁMOLO (AO MECO), LOGO, A ANPA DEUNOS A MERENDA, QUE ESTABA RIQUÍSIMA!! INCLUSO HOUBO MOITOS QUE QUIXERON REPETIR BOCADILLO E POR ÚLTIMO FIXEMOS A NOSA ACTUACIÓN, QUE NOS SAIU ESPECTACULAR!!

O NOSO LEMA: O CONXURO DE ALXÉN

OS NEN@S DE 1º E 2º DE DIAÑOS

 

 

OS DE 3º E 4º DE CORUXAS.

 

OS NEN@S DE 5º E 6º DE MEIGAS.

 

 

 DEIXÁMOSVOS AQUÍ UNHA PEQUENA RECOPILACIÓN DOS MELLORES MOMENTOS DESE DÍA. O ANO QUE VEN, MAIS!!

 

TABOLEIROS ENTROIDO

AQUÍ TEDES A PROBA DE QUE NO CEP CARLOS CASARES ESTAMOS DE

ENTROIDO!!!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut