Quinto

Sexto

Blogue Terceiro Ciclo

Por admin
27/03/24

O alumnado de 6º nivel acompáñanos a dar un paseo pola orixe e evolución da música e dos instrumentos. Queredes saber cal foi oprimeiro instrumento musical da humanidade? Pois prestade moita atención e o descubriredes.

BOA ESCOITA

Etiquetas:
Por admin
27/03/24

O alumnado de 5º nivel fixo unha pequena entrevista aos seus pais e avós para poder realizar este programa de radio onde nos conta as diversas lerias e enredos cos que pasaban o tempo os seus antecesores. Que ben o pasaban! E iso que non había videoxogos!

BOA ESCOITA

Etiquetas:
Por admin
27/03/24

Unha semana máis, o alumnado de 6º nivel presenta e dirixe este programa de radio, onde nos conta cal será o proxecto anual do centro para este curso.

BOA ESCOITA

 
Etiquetas:
Por admin
27/03/24

Primeiro programa de radio do curso 23 - 24 de Radio Saltamontes, onde o alumnado de 6º da a benvida a todos e todas os que se incorporan por primeira vez á nosa escola.

BOA ESCOITA

Etiquetas:
Por primeirociclo
19/03/24

No CEP Carlos Casares traballamos o día da muller e a semana da prensa de forma conxunta. Cada clase escolleu unha muller deportista e elaborou unha noticia. Con cada deportista traballáronse diferentes  valores e historias de supereración.

A clase de 1º elixiu a resilencia con Teresa Portela, 2º traballou a superación con Adaratou Igleisas, 3º e 4º escolleron dúas campioas do mundo; Aitana Bonmatí e Teresa Abelleira, 5º decantaouse pola polifacética Susana Rodríguez e 6º redactou sobre a “reciclaxe deportiva” de Desireé Vila.

As noticias quedaron expostas nas portas de cada aula xunto con unha infografía da súa vida.

O venres 8 de marzo, cada curso fixo unha simulación da recollida da medalla e unha presentación biográfica sobre a vida da súa muller deportista escollida. Para rematar con esta conmemoración, os nenos do centro participaron nun Kahoot sobre as mulleres traballadas.

 

Etiquetas: